CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

25/03/2024
Consello Extraordinario Federal de Galicia

CCOO Industria Galicia reuniu no día de hoxe con carácter Extraordinario ó Consello Federal de Galicia, o seu maior órgano de dirección nos locais da Unión Comarcal da Coruña para tratar a Situación de CCOO de Industria de Galicia e reorganizarse para afrontar o futuro con máis forza e ser a mellor defensa para a clase obreira galega.

13/03/2024
CCOO lamenta unha nova vítima nun accidente de traballo

Concentración o xoves, día 14, ás 9:00, diante do estaleiro San Enrique. Ás 9:30, manifestación ata a Delegación da Xunta.

23/02/2024
10M Ferrol 2024
  • Ferrol, a 20 de febreiro 2024

Como todos e todas sabedes o próximo 10 de Marzo celébrase o “DÍA DÁ CLASE OBREIRA GALEGA”. A pesar de que este día é domingo, desde a CCOO Industria-Galicia queremos convidarvos a participar na manifestación que sairá de Navantia ata o monumento do 10 de Marzo ás 12,30 da mañá. Informarvos, tamén que, previamente, ás 11,00 h terá lugar a ofrenda floral institucional por parte do Concello de Ferrol.

21/02/2024
EESS Bolton Food O Grove 2024
  • Vigo, 21 de febreiro de 2024

O persoal de BOLTON FOOD (O Grove) apoiou contundentemente á candidatura presentada por Comisións Obreiras de Industria nas eleccións sindicais celebradas no día de onte na empresa. Dos 13 representantes que se tiñan que elixir, CCOO obtivo 9 representantes, a candidatura da CIG 2 representantes e da UGT 2 representantes. 

07/02/2024
NdP Impagamentos Empresas Metal Provincia Pontevedra

CCOO Industria Vigo denuncia publicamente a deriva das empresas dometal que de forma alarmante están acumulando impagamentos aostraballadores e traballadoras e por conseguinte entrando en fase de liquidación empresarial.

19/01/2024
ATUNLO ERE O Grove

O pasado martes 16 de xaneiro pechouse a negociación do ERE de ATUNLO O GROVE logo de que as persoas traballadoras decidisen por contundente maioría que o preacordo alcanzado o día antes tiña que firmarse.

22/12/2023
COO INDUSTRIA VIGO DEMANDA NO XULGADO A TRANSGLOBAL
  • Comisións Obreiras Industria de Vigo demanda no xulgado a Transglobal por vulneración de dereitos fundamentais.

Na pasada folga do metal, segundo CCOO, Transglobal vulnerou o dereito á folga cunha notificación ilegal e abusiva de servizos minimos que impediu que os traballadores/as puideran secundar as convocatorias de folgas do metal sectoriais en xuño e xullo deste 2023.

31/10/2023
DEP Cristóbal Pardo del Río

Este pasado fin de semana faleceu Cristóbal Pardo, traballador do sector naval vigués e delegado sindical de CCOO desde fai máis de 25 anos.

29/09/2023
Asemblea ERE PESCANOVA

Protestan polo ERE inxusto cara un colectivo da empresa que leva no seu ADN a marca Pescanova.

20/09/2023
NdP Accidente mortal en Armón

CCOO Industria de Galicia denuncia a parte máis triste do mercado laboral e esixe medidas preventivas ás empresas e unha maior vixilancia e control das administracións públicas, especialmente no que se refire á Inspección de Traballo.

31/08/2023
Folga Indefinida MetalShips
  • Os traballadores levan xa 4 días de Folga Indefinida ante o que consideran o "desmantelamento do asteleiro"

Traballadores e representantes de CCOO, UGT e CIG arrancaron en manifestación dende as instalacións do asteleiro ata a sede do Círculo de Empresarios de Galicia, organización que preside o propietario da compañía Manuel Rodríguez.

28/06/2023
  • CCOO Industria declara que claramente á patronal se lle acaban as excusas.

CCOO denuncia que a patronal ASIME escapa da súa responsabilidade de chamar ós Sindicatos para sentarse a negociar.

27/06/2023
  • J.C. López Corbacho sae elixido por unanimidade no Congreso Extraordinario celebrado o pasado venres 23 de xuño

CCOO Industria Galicia anuncia en rolda de prensa que Juan Carlos López Corbacho toma o relevo de Víctor Ledo como novo Secretario Xeral de CCOO Industria Galicia

22/06/2023
Imaxes do 1º día de folga do metal de Pontevedra - 15-6-23
  • Ferrol, a 22 de xuño de 2023

Insta ós responsables do Goberno a que se cese nos malos tratos das persoas traballadoras e reclama á Consellería de Emprego da Xunta de Galicia que tome parte en derívaa do conflito pola negociación do Convenio do siderometal de Pontevedra.

22/06/2023
Cargas policiais durante a Folga do Metal de Pontevedra
  • A situación deixou numerosos feridos, entre eles, Celso Carnero, Secretario Xeral de CCOO Industria Vigo.

A forza obreira do metal de Pontevedra vai en aumento, mentras, a Patronal do Metal de Pontevedra e as Autoridades Políticas que deberían intentar chegar a unha solución, cargan e arremeten duramente contra a reclamación lexítima das traballadoras e traballadores.