CCOO de Industria | 23 abril 2024.

Masiva manifestación unitaria do metal na Coruña

    O último día de folga, 27 de xullo, da serie de 7 que por agora foron convocados en protesta polo bloqueo na negociación do convenio o que a patronal está sometendo os traballadores do sector, foi de novo un éxito, que culminou cunha masiva manifestación que levou ante as portas da patronal a voz dos traballadores do metal, advertindo que non cesarán na súa loita.

    29/07/2017. CCOO de Industria de Galicia
    FOLGA METAL 27-07-2017

    FOLGA METAL 27-07-2017

    Tras sete xornadas de folga, cun éxito rotundo dos traballadores e organizacións sindicais, o día 27 de xullo finalizouse a serie de mobilizacións cunha masiva manifestación, que dende Ponte Pasaxe discurriu por cinco kilómetros ate a sede da confederación de empresarios provincial na Praza Luis Seoane.

    Aproximadamente 3500 traballadores do metal, provintes de toda a provincia, camiñaron, baixo unha forte chuvia, para facerse escoitar con forza, ca forza da clase obreira loitando polos seus dereitos, e advertindo que non permitirán que a patronal os ningunee.

    Temos que agradecer a todos os asistentes a manifestación, a todos aqueles traballadores que fixeron folga, aos que asistiron as mobilizacións, o seu compromiso e firmeza na defensa do que é seu.

    Tras esta mobilización, con forte impacto mediático, emprazámonos a continuar cas negociacións, ou planificar novas mobilizacións a partir de setembro.