CCOO de Industria | 28 marzo 2024.

TRAS SETE XORNADAS DE FOLGA, CCOO E UGT CONSÉGUEN ACORDO NO CONVENIO DO METAL DE A CORUÑA

    O acordo chegou despois de que CCOO e UGT presentasen unha convocatoria de folga indefinida, o que forzou á parte empresarial a desbloquear a situación.

    16/09/2017.
    manifestacion metal 27-07-2017

    manifestacion metal 27-07-2017

    Tras as exitosas sete xornadas de folga que se realizaron nos meses de xuño e xullo na provincia de A Coruña, e vendo que non acababa de desbloquearse a negociación, CCOO e UGT, decidiron dar un último “empuxón”, convocando folga indefinida que tiña que comezar o vindeiro 19 de setembro.

    Inmediatamente, ambos sindicatos foron chamados á negociación dende o AGA, negociación que se celebrou o venres 15 de setembro e rematou coa consecución dos obxectivos que se tiñan para o convenio, sendo os principais:

    - Incremento salarial do 8,1% ate 2019, cun 4,1% xa.

           2015 e 2016: Premio por firma do 2,1% das táboas.

           2017: 2% e revisión ao 1.5%

           2018: 2% e revisión ao 1.5%

           2019: 2% e revisión ao 2%

    - Conséguese a vixilancia das mutuas.

    - Subrogación para servizos de mantemento en concesións administrativas ou contratos públicos.

    - Cláusula de garantía salarial.

    - Inclusión das empresas multiservizos que actúen no ámbito de aplicación do convenio.

    - Obriga de ter un 60% de indefinidos.

    Outra vez queda demostrado que a loita obreira e sindical, con firmeza e responsabilidade, consegue os seus obxectivos e mellora as condicións de vida dos traballadores.

    Agardamos cos brazos abertos a túa afiliación, entre todos poderemos seguir mellorando as nosas condicións,

    as condicións da clase obreira.