CCOO de Industria | 28 marzo 2024.

CCOO esixe a implicación da dirección de NAVANTIA na saída do conflicto de compañías auxiliares

    CCOO de Industria considera fundamental a aportación que poda facer a empresa principal na solución ao bloqueo na entrada dos traballadores aos asteleiros da Ría de Ferrol.

    10/10/2017.
    Navantia

    Navantia

    CCOO de Industria le varios días facendo xestións ante a Presidencia do Consello Galego de Relacións Laborais e tamén coa Consellería de Industria da Xunta de Galicia para que NAVANTIA sexa interlocutor indispensable na saída ao conflito aberto nas compañías auxiliares.

    Para CCOO. resulta fundamental que a dirección da factoría interveña nas distintas xuntanzas por ser parte interesada no posible encauzamento do conflito aberto.

    Solicitamos formalmente polo tanto, á Presidencia do Consello Galego de Relacións Laborais que teña en conta esta recomendación e inclúa de facto á dirección de NAVANTIA como actor imprescindible na Mesa de Negociación.