CCOO Industria de Galicia forma os delegados e delegadas nos dereitos que teñen como RLT na formación bonificada

    A Federación de Industria Galicia organizou o pasado 6 e 7 de Novembro en Vigo e Coruña dúas accións formativas sobor da Formación Bonificada nas empresa nas que participaron 85 delegados e delegadas e que estiveron impartidas por Irene Albertos Gómez asistente técnico de CCOO na Fundae.

    14/11/2017. CCOO Industria de Galicia
    Formación

    Formación

    A Federación de Industria Galicia organizou o pasado 6 e 7 de Novembro en Vigo e Coruña dúas accións formativas sobor da Formación Bonificada nas empresa nas que participaron 85 delegados e delegadas e que estiveron impartidas por Irene Albertos Gómez asistente técnico de CCOO na Fundae.

    No contexto actual da formación no ámbito do traballo é cada vez máis necesario dotarnos de coñecementos no tocante as posibilidades de interlocución e negociación que a lei nos permite e que poñemos entre as nosas prioridades, para acadar que o dereito a formación se extenda dentro da empresa a todos os traballadores e traballadoras.

    Nas xornadas debatíronse as novidades xurdidas do RD 694/2017 que desenvolve a Lei 30/2015, con respecto a aplicación dos PIF e tamén do permiso retribuido de 20h.

    Puxemos a disposición dos asistentes ferramentas para o cálculo práctico do importe a bonificarse polas empresas e tamén para a creación de comisións de formación o abeiro da negociación colectiva.

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.