CCOO de Industria | 23 abril 2024.

XORNADAS SOBRE DESPOBOAMENTO RURAL EN MONFORTE DE LEMOS

    O 17 de setembro de 2019, a Federación de Industria de Galicia de CCOO celebramos en Monforte de Lemos unha xornada para analizar a situación do despoboamento rural e os retos de futuro.

    18/09/2019.
    XORNADAS DESPOBOAMENTO MONFORTE

    XORNADAS DESPOBOAMENTO MONFORTE

    Nestas xornadas, contamos coa participación tanto de voceiros de centros de desenvolvemento rural de varias comarcas, dos directores do departamento de GAME-IDEGA e de AGADER, así como tamén da presenza de voceiros e deputados do Parlamento Galego, debateuse sobre a situación actual do despoboamento en Galicia e mais en particular da provincia de Lugo, ademais de poñer sobre a mesa unha serie de propostas para dinamizar e diversificar o sector agrario e gandeiro que xenere riqueza no noso pais.

    Ditas propostas, entre outras, pasan por unha financiación e formación axeitada que conte coa xente implicada e non se faga sen contar coa experiencia das persoas que hoxe están implicadas nestes proxectos rurais, ademais débense tomar medidas para dotar o rural de servicios socias que xeren emprego e ofrezan cobertura as persoas, a necesidade de infraestruturas tanto viarias como de tecnoloxía que conecten o rural e ofrezan unha mellor situación para afrontar os retos de futuro.