CCOO de Industria | 25 abril 2024.

CCOO de Industria de Galicia amosa sua satisfacción pola sinatura do acordo por unha transición enerxética xusta

  • Permitirá garantir o emprego para os traballadores e territorios afectados polo peche das térmicas
  • O sindicato urxe á Xunta de Galicia a avanzar na implementación dos convenios de transición xusta para as comarcas de Meirama e As Pontes

A pasada semana materializouse o “Acordo por unha transición enerxética xusta para centrais térmicas en situación de peche: o emprego, a industria e os territorios”, que foi asinado polo Goberno central, polas compañías titulares das centrais térmicas e por los sindicatos de CCOO e UGT. Sobre este asunto, CCOO de Industria de Galicia queremos facer as seguintes consideracións:

24/04/2020. CCOO de Industria de Galicia
Endesa

Endesa

 

A sinatura de este acordo é froito da constantes reivindicacións que, dende o ano 2018, leva facendo esta organización esixindo un proceso de descarbonización ordenado a través da implementación dos Convenios de transición xusta para que poda ofrecer unha solución ós traballadores e traballadoras afectados de maneira directa e indirecta polo peche das centrais e ós territorios afectados.

Xa o pasado 2 de Outubro, o Secretario Xeral de CCOO Industria de Galicia, Víctor Ledo, arrancou este compromiso á Ministra de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera e ó Conselleiro Delegado de ENDESA nunha reunión mantida en Madrid para tratar o tema do peche da central térmica de As Pontes

3. Non podemos, senón, valorar de xeito positivo a sinatura desde acordo e poñer en valor o traballo realizado desde CCOO INDUSTRIA e instamos á Xunta de Galicia a que empece a liderar este proceso na nosa Comunidade Autónoma, activando os procesos participativos comprometidos no acordo tal e como se está a facer nalgunhas outras Comunidades Autónomas como Aragón ou Asturias.

O mesmo tento, lle esiximos que teña en conta as propostas realizadas pola nosa organización para o impulso dunha transformación enerxética sustentada nas enerxías renovables presentadas en marzo de 2018.