CCOO de Industria | 25 abril 2024.

CCOO de Industria Galicia, centra os seus esforzos na protección das persoas.

  • A Federación de Industria de Galicia puxo tódolos seus recursos e persoal durante este mes de confinamento, ao asesoramento e apoio das persoas e delegados e delagadas.

29/04/2020. ccoo industria galicia
Poligono A Granxa, O Porriño

Poligono A Granxa, O Porriño


CCOO de Industria de Galicia enfrentouse a unha situación tan complexa como a pandemia do COVID-19, co obxetivo prioritario de que ningún traballador ou traballadora quede atrás.

A Federación de Industria de Galicia puxo tódolos seus recursos e persoal durante este mes de confinamento, ao asesoramento e apoio das persoas e delegados e delagadas.

Dende a declaración do estado de alarma, esta Federación presentouse en centos de ERTES por forza maior tanto donde tiñamos representación ou non, co obxetivo prioritario de asesorar e dar cobertura sindical para acadar acordos que melloraran as condicions primarias do ERTE, conseguindo maioritariamente coberturas sociais e económicas que beneficiaron o conxunto da clase traballadora.

Outro dos eixos de traballo primordial que abordamos dende un primeiro momento, tamén foi asesorar en materia de saude laboral, co fin de garantizar a saude daqueles traballadores e traballadoras dos sectores de actividade esencial, os cales experimentaron durante este mes unha carga de traballo maior, polo que a toma de medidas dende os servizos de prevención das empresas estiveran encamiñadas en protexer a saude e evitar os contaxios.

Agora seguimos inmersos en procesos de ERTES derivados das consecuencias do COVID-19, derivado da incertidumbre que as empresas manifestan trala caída da actividade e do consumo a nivel mundial, o igual que esixindo nas empresas que ante a inminente desescalada que vai a producir, se tomen tódalas medidas necesarias no ámbito da prevención, para que o eixo central sea retomar a actividade industrial coas medidas que garantan a seguridade e a saude das persoas traballadoras.

CCOO Industria Galicia tamén propuxo dende o seu ámbito de responsabilidade coa sociedade, presentou propostas as respectivas consellerias competententes da Xunta de Galicia para mitigar os efectos desta pandemia na clase traballadora, como é a petición de completar ata o 100% as cantidades recibidas polo desemprego ou a petición dun bono extraordinario de 500 euros para as familias que un dos proxenitores precise acollerse a dispensa do traballo por garda legal ou coidado de menores derivado do peche dos centros escolares e dos centros de día, sendo a resposta o silencio e polo tanto a demostración da inacción da Xunta ca cidadanía Galega.