CCOO de Industria | 25 abril 2024.

CCOO Industria de Galicia denuncia a pasividade e a falta de respeto que o Goberno do señor Feijóo amosa nas súas últimas declaración ó conxunto dos traballadores e traballadoras galegas

  • CCOO Industria de CCOO en Galicia considera inaceptable que as únicas medida que o Goberno galego pretende tomar ,despois 50 días de estado de alarma, vaian tan só encamiñadas a “dotar de seguridad jurídica y certeza a los propios empresarios y autónomos”, obviando por completo á situación na que se atopan milleiros e milleiros de traballadores e traballadoras galegas.

04/05/2020.
CCOO INDUSTRIA GALICIA

CCOO INDUSTRIA GALICIA

Ferrol, 5 de maio.- Ante as últimas declaración do Presidente da Xunta de Galicia, o Sr. Nuñez Feijóo despois da reunión mantida no día de onte co seu Comité de Expertos, CCOO INDUSTRIA GALICIA nos vemos na obriga de facer as seguintes consideracións:

1. Consideramos unha desfachatez por parte do Goberno do Galicia que, amparándose, na opinión do seu “Comité de Expertos” e despois de 50 días de estado de alarma declare que o que se ten que coidar é a seguridade xurídica de empresas y autónomos, esquecendo que esta crise afecta dunha maneira ou outra a milleiros y milleiros de traballadores e traballadora para os cales non achegou ningunha das propostas que, dende CCOO, lle achegamos fai más de mes e medio.

2. Fala da necesidade, marcada por este Comité, de flexibilidade da xornada laboral, da bonificación de cotas á Seguridade Social e de deducións fiscais para empresas, sen embargo non fai mención nin a complementarlle os ERTES ós traballadores e traballadoras, a facilitar un bono para os traballadores que necesiten acollerse a unha excedencia para o coidado dos seus fillos ou a axudar a colectivos con dificultades especiais. Medidas, entre outras, que nin tan sequera se dignou a negociar con nós.

3. Consideramos que é, cando menos vergoñento que a día de hoxe, e no escenario actual, a Xunta de Galicia, nun exercicio de necesaria responsabilidade e no uso das súas competencias, non anunciase aínda unha batería de medidas concretas e que o único que pretenda poñer en marcha sexan política neoliberais que fagan que a peor parte da crise se cargue sobre os traballadores e traballadoras galegas.

4. E agora, despois de 50 días, piden diálogo cos axentes sociais para negociar medias encamiñadas tan só a favorecer ás empresas amparándose nas opinións dun suposto “Comité de Expertos” que tal e como din literalmente na súa nota “forman parte diversos expertos del ámbito académico, económico y empresarial de Galicia”, esquecendo que, lles guste ou non, os sindicatos temos moito que achegar e dicir, amosando unha vez máis a falta de respeto a miles e miles de traballadores e traballadoras galegas.