CCOO de Industria | 24 abril 2024.

CCOO de Industria de Galicia ganalle a batalla a Novafrigsa (Grupo Coren) contra os falsos autónomos

  • O Xulgado do Social nº3 de Lugo, notificounos a sentenza contra Novafrigsa do Grupo Coren, na que declara a existencia laboral entre os mais de 250 socios traballadores de Servicarne mantiña na empresa.
  • CCOO Industria, foi o único sindicato que nos personamos en todolos xuizos como parte interesada que se celebraron ata o día de hoxe.

05/05/2020.
carne sin fraude

carne sin fraude

CCOO INDUSTRIA DE GALICIA GANALLE A BATALLA A NOVAFRIGSA (GRUPO COREN) CONTRA OS FALSOS AUTÓNOMOS.
• O Xulgado do Social nº3 de Lugo, notificounos a sentenza contra Novafrigsa do Grupo Coren, na que declara a existencia laboral entre os mais de 250 socios traballadores de Servicarne mantiña na empresa.

• CCOO Industria, foi o único sindicato que nos personamos en todolos xuizos como parte interesada que se celebraron ata o día de hoxe.
Dende CCOO de Industria, celebramos a sentenza de Lugo contra a contratación de falsos autónomos na industria cárnica. Unha sentenza que se sustenta nas argumentacions da que xa gañamos o pasado ano en Embutidos Rodríguez (León), onde CCOO levou a cabo una loita sostida no tempo que podemos denominar como un “feito histórico”, e que nos levou a un camiño sen retorno para limpar e erradicar o fraude da industria cárnica.
Por último decir que para CCOO Industria, esta sentenza ten que servir para que as poucas empresas que ainda seguen operando con falsas cooperativas de traballo asociado para realizar a actividade de producción de carne, deixen de utilizar este modelo fraudulento que precariza as condiciones das personas traballadoras e introduce unha competencia desleal dentro do sector cárnico.

Maio de 2020

 

Documentación asociada
Documentación asociada