CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

CCOO Industria de Galicia gaña a demanda de despido colectivo contra a empresa Artesanias Metálicas Santiaguesas

  • A empresa pretendía un despido colectivo baseándose nunhas causas económicas máis que dubidosas e que, segundo quedou probado no xuízo, non xustifican a decisión extintiva.

08/05/2020.
.

.

CCOO Industria de Galicia e os Servicios Xurídicos do Sindicato Nacional de COO de Galicia gañan a demanda de impugnación de despido colectivo contra a empresa Artesanias Metálicas Santiaguesas, SL., ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A empresa pretendía un despido colectivo baseándose nunhas causas económicas máis que dubidosas e que, segundo quedou probado no xuízo, non xustifican a decisión extintiva.

Santiago, 7 de maio.- O pasado 12 de Marzo, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolleu o xuízo pola demanda interposta por CCOO, impugnando el DESPIDO COLECTIVO que, a empresa ARTESANÍAS METÁLICAS SANTIAGUESAS, (ARMESA), pretendeu levar a cabo a través dun ERE sen causa xustificada, tal e como indica a sentenza.
Grazas ó traballo sindical por parte de CCOO Industria de Galicia, nun primeiro momento, participando nas negociacións sindicais levadas a cabo dentro do período de consultas do ERTE e do traballo técnico da Asesoría Xurídica do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, nun segundo lugar, na preparación e celebración dun xuízo onde quedou patente a falta de causa económica que xustificara o despido colectivo tal e como se amosaba no pormenorizado estudo económico presentado polo Gabinete Económico de CCOO Industria de Galicia.
CCOO Industria de Galicia agradece a confianza depositada polos traballadores na defensa dos seus postos de traballo e pon de manifesto que somos unha excelente ferramenta para a defensa dos dereitos laborais poñendo a disposición dos afiliados e afiliadas os seus Gabinetes Xurídicos, Económicos e de Saúde Laboral.

Documentación asociada
Documentación asociada