CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

Parada do sector polo falecimiento dun traballador da Industria Auxiliar

  • O sector vístese de loito pola morte dun traballador da industria auxiliar e convoca parada e manifestación para este martes día 9, saíndo dos diferentes estaleiros en columnas ata a Xunta na praza da Estrela onde se exigirá maiores medidas de seguridade e retomar as mesas do naval, entre elas a de Prevención de Riscos que leva máis de 10 anos sen convocarse.

09/06/2020. CCOO de Industria de Galicia
No más muertes en los centros de trabajo
Stop a la precariedad laboral y cumplimiento de la Ley de Prevención de Riesgos Laborales

No más muertes en los centros de trabajo Stop a la precariedad laboral y cumplimiento de la Ley de Prevención de Riesgos Laborales

PARADA DO SECTOR POLO FALECIMENTO DUN TRABLLADOR DA
INDUSTRIA AUXILIAR
O sector vístese de loito pola morte dun traballador da industria auxiliar e convoca parada e
manifestación para este martes día 9, saíndo dos diferentes estaleiros en columnas ata a Xunta na praza
da Estrela onde se exigirá maiores medidas de seguridade e retomar as mesas do naval, entre elas a de
Prevención de Riscos que leva máis de 10 anos sen convocarse.
ITINERARIO DAS MARCHAS
O cadro de persoal dos estaleiros e o da industria auxiliar reuniranse a primase hora na entrada dos Estaleiros,
para explicar o sucedido e informar do percorrido para chegar ás 9:30 h ata a Xunta na Praza da Estrela
avisando das medidas de distanciamento e de seguridade.
METALSHIPS
8:00h Saída cara á Xunta na praza da Estrela.
8:30h Pasar por Vulcano tentaremos que algúns extraballadores somense alí.
FREIRE => ARMON => BARRERAS
8:00h Saída cara á Xunta na praza da Estrela.
8:15h Pasar por ARMON para que se somen.
8:30h Pasar por BARRERAS para que se somen.
8:45h Saída cara á Xunta na praza da Estrela.
AUXILIARES DE BOUZAS
Incorporásense á marcha que se inicia en Freire.
NODOSA (Marín)
Pendente definir horario y percorrido.
Dende os Sindicatos CCOO, CIG e UXT hai moito tempo que vimos reclamando maiores medidas de seguridade
para o sector, e que as empresas e a Xunta foron baixando a garda constantemente, ata o punto de levar máis
de 10 anos sen convocar as mesas do sector naval da ría de Vigo, entre elas a especifíca de Prevención e Saúde
Laboral. É necesario volver a activar estas mesas nas que participaban todos os actores do Sector, incluída a
Inspección de Traballo, para que se garanta o traballo seguro e recupérese o respecto polos traballadores/as das
auxiliares, que están a sufrir todo tipo de presións e malos tratos por parte das súas empresas como das
principais.
É necesario un maior control por parte de Inspección de Traballo das auxiliares piratas que han rebrotado no
sector, e urxente frear o modelo de presión, precarización, e baixo custo que algúns tentaron implantar na ría, co
beneplácito da Xunta e que levou o sector a un modelo de negocio ruinoso, sen futuro e onde se perde a vida
traballando.
O sector volve a berrar xa abonda, é necesario un cambio de rumbo, non só nas mentalidades empresariais,
senón nas políticas de sector, con modelos de negocio abocados ao fracaso e sen rumbo fixo. É o momento de
reclamar políticas activas en materia de prevención, en reactivar aos axentes fiscalizadores, en sentar a todas
as partes para acordar o modelo de sector e o seu futuro.
É necesario mencionar que a precariedade e máis elevada se cabe na reparación e o falecemento produciuse
nas instalacións da Autoridade Portuaria nunha reparación a bordo, que sempre son máis inseguras que as
realizadas en instalacións preparadas e nun dique como o proxecto que o presidente do porto se empecina en
obstruír e dinamitar para as instalacións da antiga Factorías Vulcano.