CCOO de Industria | 25 abril 2024.

Hoxe comezan seis xornadas de folga na conserveira Thenaisie Provoté

  • Hoxe comeza a primeira das seis xornadas de folga previstas na conserveira arousá Thenaisie Provoté, en proceso concursal e con centros de traballo no Grove e Mos. Os paros teñen lugar entre o martes e o xoves desta semana, ambos os dous incluídos, e en idénticos días da vindeira. Así mesmo, está prevista unha manifestación o domingo, día 20, que partirá ás 12 horas da Casa do Concello do Grove.

15/09/2020.
.

.

Despois de semanas de intenso traballo, a folga na conserveira arousá comezou este martes

O comité de empresa, do que forma parte CCOO, esíxelle á Xunta implicación para garantir os postos de traballo e evitar o peche dunha empresa que dá emprego a centos de persoas na localidade do Grove.

A representación legal dos traballadores e traballadores da conserveira vai facer todo o posible para evitar a liquidación de Thenaisie e insisten en que hai unha solución «real e sólida» para a continuidade da actividade industrial e os centos de postos de traballo asociados, directos e indirectos.

Segundo a parte sindical, a solución para a conserveira arousá depende de que un investidor se faga coa unidade produtiva, actualmente en mans do grupo Scandia Food.