CCOO de Industria | 19 abril 2024.

CCOO esixe garantías para manter a actividade industrial nos terreos portuarios de Vigo

  • O sindicato comarcal de CCOO-Industria de Vigo reuniuse esta mañá co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para coñecer de primeira man a súa postura respecto da continuidade dun proxecto industrial nas instalacións de Factorías Vulcano. No encontro, que se desenvolveu de xeito telemático, o sindicato reprochoulle a Losada que adoptase unha liña favorable ás teses do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, isto é, que a liquidación do estaleiro significa a fin da concesión que tiña

19/11/2020.
Protesta nas portas de Vulcano

Protesta nas portas de Vulcano

O delegado do Goberno asegurou que se limitou a cumprir coas súas obrigas, executando a solicitude do avogado do Estado mentres non se resolva o conflito positivo de xurisdición. Tamén expuxo a problemática legal sobre a concesión, así como a pouca viabilidade mesmo que a Xustiza avalase a operación de compravenda de Vulcano, xa que a concesión caducaría de calquera xeito a finais do 2027.

Losada reiterou a aposta pola industria, pero cun proxecto de garantías que evite a especulación e o alleamento dos usos públicos. Neste escenario, expuxo que a mellor opción sería que as instalacións volvesen ao dominio público e sacar unha nova concesión por 50 anos, que evitaría afrontar un proceso longo e xuridicamente inseguro.

O sindicato comarcal de CCOO-Industria de Vigo lamentou que os traballadores de Vulcano sexan os grandes esquecidos de todo o proceso, pois foron despedidos hai case ano e medio —xuño de 2019— e son agora mesmo as «vítimas» do enfrontamento entre o presidente do porto vigués e do Xulgado do Mercantil.

Para o sindicato é preciso que se dean as garantías para que no barrio de Teis haxa un proxecto industrial de reparación e construción naval, evitando a especulación e conseguindo a recolocación dos despedidos de Vulcano. Nesa dirección, CCOO solicitará reunións cos diferentes actores implicados para coñecer a situación actual do concurso mercantil.