CCOO de Industria | 24 abril 2024.

CONVENIO PROVINCIAL DO METAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • Despois de nove xuntanzas da mesa negociadora do convenio provincial do metal de Pontevedra quedou clara a nula vontade da patronal de avanzar na consecución dun acordo.
  • As centrais sindicais fixemos un esforzo común, consensuando unha serie de propostas co obxectivo de desbloquear a negociación e lograr un convenio que volva ser referente no sector:

23/11/2020.
MANIFESTACION DO METAL

MANIFESTACION DO METAL

• SUBROGACIÓN das empresas privadas para garantir o mantemento do emprego e
reducir a precariedade.
• INCREMENTO SALARIAL acode ao esforzo dos e das traballadoras, máis aínda
neste tempo de pandemia, arriscando incluso a saúde
• REDUCIÓN DA XORNADA ANUAL, evitando así ter unha das xornadas máis altas
da media dos convenios colectivos.
• CONTROL DOS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO, sendo referentes e
garantindo a inclusión de traballadores e traballadoras con diversidade.
• POLÍTICAS CONTRA O ACOSO para previr situacións discriminatorias, creando
protocolos contra o acoso laboral, moral, por razóns de xénero ou orientación sexual.
• REXISTRO DE XORNADA. É necesario axeitalo ao que marca a lexislación laboral
para o control horario.
• ACTUALIZAR LICENZAS de acordo coas novas realidades persoais.
A patronal ten que ser consciente da súa responsabilidade e non esquecer que este sector
foi un dos menos castigados pola crise da COVID, mantendo grande parte da súa actividade.
Asemade, instamos a ASIME, ATRA e INSTALECTRA a reforzar o sector, e a que se afasten
de posicións rancias e obsoletas que non poñen en valor o esforzo dos traballadores e
traballadoras, logo que de que esta nova crise amosase a importancia dun sector industrial
forte, fuxindo da precariedade e da estacionalidade.
As tres centrais sindicais (CCOO, CIG e UGT) non estamos dispostas a retroceder nas nosas
posicións, polo que reclamamos avances claros na negociación e urximos a patronal a que
aposte polo diálogo, non polo conflito.