CCOO de Industria | 28 marzo 2024.

Oferta Traballo Orientador/a Laboral

    20/11/2020.

    A Federación de Industria de Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a laboral no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización .

    EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

    Titulacións preferentes: Psicoloxía; Pedagoxía; Psicopedagoxía; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; Educación social; Traballo social; Relacións laborais e recursos humanos/relacións laborais/ graduado/a social

    Requisitos esixidos: Manexo de equipos informáticos: Tratamento de textos, folla de cálculo, correo electrónico, internet, etc..

    Valorarase:

    Lingua Galega (falada e escrita)

    EXPERIENCIA EN ORIENTACIÓN LABORAL, XESTIÓN E EXECUCIÓN PROGRAMAS DE INTEGRACIÓN LABORAL

    Centro de Traballo: Locais Federación Industria Galicia

    As persoas interesadas enviarán o seu currículum por correo electrónico a dirección galicia@industria.ccoo.es antes das 14.00 horas do día 27 de Novembro de 2020 facendo constar a referencia: Orientador/a 01/2020