CCOO de Industria | 27 abril 2024.

Oferta Traballo Orientador/a Laboral

    25/01/2021.

    A Federación de Industria de Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a laboral no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

    EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

    Titulacións preferentes: Psicoloxía; Pedagoxía; Psicopedagoxía; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; Educación social; Traballo social; Relacións laborais e recursos humanos/relacións laborais/ graduado/a social

    Funcións a realizar:

    Propias da orientación laboral

    Planificar, deseñar e implantar o programa de medidas de sensibilización:

    Activación Laboral
    Acreditación de competencias profesionais 
    Competencias Soft Skills e Hard Skills
     

    Valorarase:

    EXPERIENCIA EN ORIENTACIÓN LABORAL, XESTIÓN E EXECUCIÓN PROGRAMAS DE INTEGRACIÓN LABORAL

    Experiencia e/ou coñecementos en Coaching e técnicas de inserción laboral.

    Iniciativa e pro- actividade.

    Habilidades de comunicación e relación.

    Coñecementos sobre as Cualificacións Profesionais.

    Requisitos esixidos: Manexo de equipos informáticos: Tratamento de textos, folla de cálculo, correo electrónico, internet, etc

     

    Ofrécese:

    Contrato por obra ou servizo a tempo completo para executar o programa medidas de sensibilización nas comarcas de Vigo e Ferrol de Febreiro a Xuño

     

    Centro de Traballo: Locais Federación CCOO Industria Galicia en Vigo e Ferrol

    As persoas interesadas enviarán o seu currículum por correo electrónico a dirección galicia@industria.ccoo.es antes das 14.00 horas do día 3 de Febreiro de 2021 facendo constar a referencia: Orientado/a Laboral