CCOO de Industria | 20 abril 2024.

COMUNICADO DE CCOO INDUSTRIA SOBRE CARROCERA CASTROSÚA

    31/08/2021.
    CARSA

    CARSA

    Ferrol, 31 de agosto.-  Desde CCOO Industria queremos amosar con contundencia a nosa condena e total rexeitamento ao respecto do que está a acontecer en Carsa, Castro Carrocera, do grupo Castrosúa en Vilagarcía e das súas prácticas contrarias a dereito nunha das principais industrias da vila. 

     

    En  plena negociación do ERTE por un período de dous anos que presentou a finais do 2020 aducindo causas organizativas e de produción, a dirección desta empresa, en clara represalia contra o seu persoal que non aceptaba as condicións propostas, executaron o despedimento de 15 traballadores indefinidos.  

     

    Cinco dos compañeiros despedidos optaron por demandar a Carsa  e dous fixérono a través da nosa asesoría xurídica en Pontevedra.  Antes do xuízo, a empresa viuse abocada a aceptar o pago da indemnización completa polo despedimento improcedente dos cinco compañeiros e grazas ao bo facer dos  nosos servizos xurídicos fronte aos abusos e irregularidades  de Carsa.  

     

    Desde CCOO, con representación no Comité de Empresa de Carsa,  cómpre poñer en valor o bo traballo feito desde os servizos xurídicos do sindicato na defensa limpa e constante dos dereitos das e dos traballadores galegos fronte a outros intereses nun contexto de máxima dificultade socioeconómica como a que deriva desta longa pandemia que lles sirve a moitos empresarios para tratar de burlar a lei con práticas mafiosas, rompendo a unidade dos traballadores con ameazas e represaliando a representación sindical. Abusos que desde CCOO Industria non imos permitir.