CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

O Sector Cárnico irá á FOLGA pola situación de bloqueo do actual convenio.

    Durante a asemblea de delegadas e delegados do sector cárnico galego, analizouse a situación de bloqueo actual do convenio e a convocatoria de Folga Xeral convocada no sector.

    09/11/2021.
    Asamblea delegadas/os Sector Cárnico Galego

    Asamblea delegadas/os Sector Cárnico Galego

    Despois de 11 meses de negociación, segue a situación de bloqueo por parte da patronal ANICE(Asociación Nacional de Industrias de la Carne de España). 

    Durante a asemblea de delegadas e delegados do sector cárnico galego, analizouse a situación de bloqueo actual do convenio e a FOLGA XERAL convocada no SECTOR CÁRNICO. 

    CCOO esiximos a retirada inmediata da proposta de traballo obrigatorio de domingos e festivos, esiximos un Incremento Salarial do 3% + cláusula de revisión do IPC, unha xornada máxima diaria de 8 horas, mellora de permisos, máis e mellores dereitos así coma outros avances que repercutan nunhas condicións de traballo dignas para a clase traballadora deste país.

    As persoas traballadoras do Sector Cárnico traballaron arreo durante a pandemia. Gracias ó seu traballo, a industria cárnica non deixa de medrar, a patronal @ANICE_ES négase a mellorar dereitos na negociación e CCOO non imos permitir que este sector siga con un convenio en situación de bloqueo.

    O Sector Cárnico a nivel estatal irá á FOLGA XERAL os días 25 e 26 de novembro e os días laborais da semana do 3 ó 9 de decembro.