CCOO de Industria | 18 abril 2024.

Os traballadores de WÄRTSILÄ Ibérica maniféstanse contra a precaridade laboral á que os somete a empresa

    As traballadoras e traballadores de WÄRTSILÄ Ibérica maniféstanse por unha negociación salarial xusta que leva enquistada moito tempo.

    12/11/2021.

    URL | Código para insertar

    WÄRTSILÄ Ibérica manifestación Industria Vigo

    WÄRTSILÄ Ibérica manifestación Industria Vigo

    As traballadoras e traballadores de WÄRTSILÄ Ibérica maniféstanse por unha negociación salarial equitativa e xusta para tódalas traballadoras e traballadores.

    A negociación do convenio leva xa enquistada moito tempo e dende CCOO pelexan e pelexarán por un convenio digno, a loita contra a precariedade laboral non parará en WÄRTSILÄ Ibérica ata conseguir un convenio xusto.

    A Empresa, que conta cuns beneficios millonarios e que atravesou a pandemia de forma moi solvente, mantén a negociación do convenio enquistada. CCOO non parará ata que as condicións laborais de tódalas traballadoras e traballadores melloren e se axusten a unhas condicións xustas e dignas.