CCOO de Industria | 20 abril 2024.

Conferencia CCOO Naturgy Galicia

    Somos a mellor ferramenta para que as persoas traballadoras poidan defender os seus dereitos

    23/11/2021.
    Conferencia CCOO Naturgy Galicia

    Conferencia CCOO Naturgy Galicia

    CCOO industria practica un sindicalismo en defensa dos dereitos das persoas traballadoras e as que formaron parte da estructura en estes 5 anos, dedicaron todo o seu esforzo en defender, manter, e incluso mellorar dereitos.

    Chegou o momento de un relevo, queda moita xente e que están con moitas ganas de que este proxecto de CCOO industria, non só se manteña, senón que saia fortalecido.

    Recordar que CCOO, aínda non sendo o primeiro sindicato do Grupo Naturgy, foi un referente nas Relacións Laborais, o que os avala coma un sindicato responsable, con compromiso e sobro todo con moita dedicación, pero non só da estructura, senón do conxunto de afiliadas e afiliados que forman as CCOO de industria dentro do Grupo Naturgy.

    Estos dous últimos anos houbo que afrontar unha crise sanitaria sen precedentes, que nos obrigou a adaptarnos a unha forma distinta de realizar a actividade sindical, respondendo a multitude de problemas que surxiron coa pandemia, reforzando as reivindicacións das CCOO para a aplicación de medidas de protección a todas as persoas traballadoras do Grupo Naturgy.

    Ademáis desta situación de pandemia mundial, adaptouse a novos retos á súa vez, inmersos (en estos cinco anos dentro do Grupo) en distintas situacións moi importantes, que provocaron unha incertidume económica e por conseguinte no emprego da compañía

    • Transición enerxética cara enerxías sostibles
    • Cambios regulatorios nas retribucións de enerxía
    • Chegada de un novo Fondo de Inversión con cambios accionariais no Grupo

    Ante estas e outras situacións, CCOO industria dentro do Grupo Naturgy sempre practicou un sindicalismo en defensa dos dereitos das persoas taballadoras, dedicou todo o seu esforzo a defender, manter, e incluso mellorar dereitos.

    Noraboa a Genaro Vilasante, que sustitúe a Inmaculada Santamarta como Secretario Xeral de CCOO Naturgy Galicia.