CCOO de Industria | 24 abril 2024.

CCOO entende que a solución que expón a dirección de Alcoa para o centro de San Cibrao xera dúbidas e incerteza.

    Tras a decisión da dirección de Alcoa de non vender a planta de San Cibrao, na Mariña lucense, CCOO solicitará ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo unha reunión urxente.

    30/11/2021.
    Alcoa San Cibrao

    Alcoa San Cibrao

    Na mañá do día 30-11-2021, celebrouse unha asemblea no centro de San Cibrao, onde o persoal decideu que solicitará ás institucións reunións urxentes para aclarar todas as dúbidas xeradas, ante a decisión de Alcoa de non vender a planta de San Cibrao. Para o sindicato, a fórmula do permiso retribuído non ten en conta moitas variables de emprego industriais que son necesarias e insiste na necesidade dun plan industrial que poida certificar o futuro e a viabilidade do centro: “Só así se despexará a incerteza e estará asegurada a continuidade do centro a curto, medio e longo prazo”, aseguran.

    Decisión de non vender a planta.

    A dirección de Alcoa comunicou onte 29 de novembro aos/as representantes legais das persoas traballadoras a decisión de non vender a planta e un plan no que reflicte como adaptarse aos prezos da enerxía e á situación industrial actual, anunciando unha parada das cubas ata o 1 de xaneiro de 2024.

    Alcoa anunciou que asume varios compromisos: un permiso retribuído aos traballadores e traballadoras durante o cesamento temporal; un compromiso de non acometer despedimento colectivo ata 2025; o rearranque das cubas o 1 de xaneiro de 2024 ata chegar ao 100% da produción de aluminio primario e o intento de alcanzar canto antes preacordos de subministración eléctrica para un período a medio e longo prazo a partir de 2024.

    Situación complicada.

    “Trátase dunha situación complicada, necesitamos garantías de que a planta vai continuar e para iso necesitamos un plan de emprego que achegue seguridade e continuidade aos traballadores e traballadoras. Ademais, preocúpanos que vai pasar coas subcontratas e con todas as persoas que poden verse afectadas con estas decisións tomadas por parte de Alcoa, cuxa parada das cubas durante dous anos traerá consecuencias”, manifesta CCOO de Industria. Hoxe na asemblea celebrada no centro de San Cibrao o persoal decidiu que solicitarán ás institucións reunións urxentes para aclarar todas as dúbidas xeradas. “Imos solicitar reunirnos co Ministerio de Industria e coa comunidade autónoma para analizar a nova situación e expor a posición do sindicato”, afirma o sindicato.