CCOO de Industria | 19 abril 2024.

CCOO coida imprescindible un plan de emprego que dea seguridade a Alcoa-San Cibrao

  • O sindicato amosa as súas cautelas ante o anuncio realizado pola multinacional do aluminio

A Federación de Industria de CCOO amosa as súas cautelas ante o anuncio de Alcoa de que non pretende vender a planta de San Cibrao e que ten intención de retomar a produción no 2024. O sindicato coida imprescindible un plan de emprego que lles dea seguridade ás traballadoras e os traballadores, polo que solicitará unha reunión urxente co Ministerio de Industria e coa Xunta de Galicia.

01/12/2021.
Temas
Membros da Comisión Executiva Nacional de CCOO e da Unión Comarcal de CCOO da Mariña cunha pancarta en defensa do emprego na comarca

Membros da Comisión Executiva Nacional de CCOO e da Unión Comarcal de CCOO da Mariña cunha pancarta en defensa do emprego na comarca

Para CCOO, a fórmula do «permiso retribuído» que tamén puxo Alcoa riba da mesa «non ten en conta moitas variables». Por esa razón, insiste no plan industrial, pois só deste xeito «se despexarán as incertezas e estará asegurada a continuidade».

A dirección de Alcoa comunicáballe o luns ao comité de empresa a decisión de non vender, xunto cun plan no que indicaba como adaptarse aos prezos da enerxía e á situación industrial actual. Nese contexto, anunciaba tamén unha parada das cubas ata o 1 de xaneiro do 2024, xunto con permisos retribuídos para o persoal e o compormiso de non executar despedimentos colectivos ata o 2025.