CCOO de Industria | 25 abril 2024.

Bloquéase a negociación do Convenio de Conservas de Peixe e CCOO propón ao resto de sindicatos acordar un calendario de mobilizacións para #PescarDerechos

    Déronse por esgotadas as reunións da mesa de negociación e o encontro rematou sen acordo, despois de que a patronal ANFACO- FEICOPESCA presentase unha nova proposta totalmente afastada das xustas reivindicacións que as persoas traballadoras necesitan para abandoar a precariedade, os baixos salarios e a temporalidade e superar a fenda e a discriminación salarial que sofren as mulleres do sector.

    01/12/2021.
    Concentración Vigo Convenio Sector Conservero

    Concentración Vigo Convenio Sector Conservero

    Ante este escenario de bloqueo absoluto da mesa, CCOO propuxo novamente ao resto de sindicatos poñer en marcha de forma conxunta un calendario de mobilización e paros.

    CCOO entende que é momento de esquecerse de rozamentos e discrepancias e de facer un exercicio de responsabilidade para reforzar a unidade de acción da clase traballadora.

    CCOO non anunciará ningunha data nin medida concreta de mobilización ata comprobar se é posible ou non o consenso entre os sindicatos da mesa de negociación para poñer en marcha medidas de presión que permitan defender un convenio xusto e digno para as persoas traballadoras das conservas de peixe.