CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

CCOO Industria Galicia analiza no seu Consello a situación industrial pola que atravesa Galicia. O Consello arrancou coa intervención de Victor Ledo, S.X. CCOO Industria Galicia e Garbiñe Espejo Jairo, S.G. CCOO Industria.

    Víctor Ledo, Secretario Xeral de CCOO Industria Galicia, puxo en valor que o futuro do noso país debe de estar no impulso da Industria. En Galicia está a favorecerse o desmantelamento das grandes empresas e estamos a padecer unha perda de soberanía industrial e enerxética. Garbiñe Espejo, Secretaria General de CCOO Industria, remarcou que toca de unha vez por todas derogar a Reforma Laboral.

    02/12/2021.
    Garbiñe Espejo - SG CCOO Industria en Consello Industria Galicia 02-12-21

    Garbiñe Espejo - SG CCOO Industria en Consello Industria Galicia 02-12-21

     Victor Ledo, Secretario Xeral de CCOO Industria Galicia, fixo un análise en profundidade da situación industrial pola que está a pasar Galicia e tódalas súas comarcas. As traballadoras e traballadores están a padecer unha perda de soberanía industrial e enerxética, as administracións non están a apostar por propostas de futuro industrial e no seu lugar, estase a favorecer o desmantelamento das grandes empresas. O diálogo social non está sendo efectivo, é imprescindible manter e agrandar o músculo movilizador. Hai que derogar a reforma laboral, e se para elo hai que saír á rúa, sairemos.

    Garbiñe Espejo, Secretaria General de CCOO Industria, puxo en valor o diálogo social durante a crise sanitaria, foi o antídoto contra a destrucción de emprego, pero hai que retomar a axenda social anterior á pandemia, "toca de una vez por todas derogar la Reforma Laboral".

    Para CCOO de Industria, é o momento de que o sindicato se faga máis forte nas empresas e entre a cidadanía. O futuro do noso país debe estar no impulso da Industria.