CCOO de Industria | 23 abril 2024.

CCOO Industria Galicia expresa o seu pesar polo falecemento de Fátima Taboada, secretaria xeral da sección sindical de fábricas de Inditex

    CCOO de Industria de Galicia quere amosar o seu fondo pesar pola perda dunha compañeira e referente sindical como Fátima Taboada Romero, á fronte da secretaría xeral da sección sindical das fábricas de Inditex. 

    15/12/2021. Ferrol
    Fátima Taboada Romero

    Fátima Taboada Romero

    Dende o sindicato, lamentar o seu falecemento e expresar as nosas condolencias á súa familia e amizades nestes días de loito e dor, aos que queremos enviar unha aperta agarimosa e todo o noso apoio. 

    Fátima foi unha muller combativa e solidaria, comprometida co sindicato e coa clase traballadora. Deixa un baleiro nas nosas vidas pero o seu exemplo pervive e a súa lembranza perdura. 

    Que a terra te sexa leve, compañeira!!