CCOO de Industria | 25 abril 2024.

Loitemos unidas por un CONVENIO XUSTO para o SECTOR CONSERVEIRO

  • Sábado 18 de decembro ás 11:00 horas.

CC.OO. xunto cos sindicatos CIG e UGT-FICA, convocan unha mobilización conxunta para o sábado día 18 de decembro ás 11:00 horas por un CONVENIO XUSTO no Sector Conserveiro

16/12/2021.
Cartel mobilización sector conserveiro

Cartel mobilización sector conserveiro

Levámolo dicindo na nosa campaña #PescarDerechos, é agora ou nunca. As principais reivindicacións de CCOO teñen que ser asumidas pola Patronal. Sendo algunhas delas a estabilidade no emprego, fortes incrementos salariais e cláusula de garantía salarial ó IPC, acabar coa discriminación salarial que sofren as mulleres, máis dereitos e permisos para poder conciliar a vida laboral coa familiar, etc.

Por iso, CCOO xunto coa CIG e UGT-FICA, convocamos para o conxunto das persoas traballadoras do Sector Conserveiro a unha mobilización o día 18 de decembro ás 11:00 horas con saída na Praza Ravella, concello de Vilagarcía de Arousa e con chegada á Praza de Galicia.

CCOO de Industria témolo claro. Esta Patronal como a maioría. só reacciona cando se lle aperta.

Podes ler máis sobre as últimas novas sobre a negociación do convenio de conservas de peixe nas novas do 26 de novembro e nas do 1 de decembro.