CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

Convocados tres días de folga no sector de conservas de peixe

  • Os días serán o 21 de xaneiro, e o 3 e 4 de febreiro de 2022

 Onte 28 de decembro os tres sindicatos que forman a mesa de negociación, entre eles CCOO, acordaron un calendario de mobilizacións, consistente en tres días completos de folga en todo o sector de conservas de peixe. Os días serán o 21 de xaneiro, e o 3 e 4 de febreiro de 2022.

29/12/2021.
Convocados tres días de huelga en el sector de conservas de pescado

Convocados tres días de huelga en el sector de conservas de pescado

A convocatoria de folga chega tras a gran manifestación en Vilagarcía de Arousa (Galicia) o pasado 18 de decembro, onde as persoas traballadoras dixeron basta á precariedade neste sector; como sucedeu na gran manifestación do 14 de outubro en  Santoña (Cantabria) que realizamos dende CCOO.

A folga é a ferramenta máis potente que temos as persoas traballadoras para cambiar o rumbo das condicións laborais e salariais. A Patronal non quere entender que as persoas do sector non queren ser as peor pagadas da industria alimentaria e non entende que as mulleres das conservas de peixe, dixeron basta. O seu traballo está infravalorado polo único feito de que o realizan elas e non eles.

Tras a reunión da mesa de negociación do convenio, a Patronal realizou unha proposta salarial sen garantir sequera o IPC, pero dende CCOO non o imos a tolerar. As persoas traballadoras están decididas a loitar por un convenio digno. Un convenio, que non sexa o da vergoña e o ruborizo. Hai que acabar con este convenio machista que paga máis e mellor ao ordenanza (o seu traballo é facer recados) que á Mestra de produción. Queremos un novo convenio con salarios e condicións propias dun sector industrial.

Dende CCOO loitaremos e iremos á folga entre outras cousas por:

-Unha forte subida dos salarios, con melloras claras por encima da inflación. Non loitamos por quedarnos como estamos, xa que estamos fatal, senón por mellorar substancialmente as condicións.

-A equiparación salarial do Grupo 5 co Grupo 6. Non nos vale que nos dean esmola para que calemos. Hai que acabar cun sistema de clasificación profesional discriminatorio. Ningunha comisión de estudo ou paritaria vai resolver. As cousas arránxanse cando a patronal sente a presión e agora é o momento.

-Estabilidade no emprego. Ningunha empresa debería ter máis do 15% de contratos temporais. O contrato fixo descontinuo ten que ser potenciado e corrixidas as súas deficiencias. Hai que garantir que polo menos teñan seis meses de actividade e se non é posible, a persoa traballadora póidase acoller se así o considera a unha indemnización por falta de ocupación efectiva. Hai que deixar claro que non se pode interromper ou suspender o contrato fixo descontinuo en véspera de fin de semana e festivo. Hai que crear unha bolsa sectorial de emprego para os fixos descontinuos, etc.

-Hai que mellorar a conciliación laboral coa familiar, mediante máis permisos e a creación dunha bolsa para asistir ou acompañar ao médico.