CCOO de Industria | 19 abril 2024.

CCOO Industria Ourense consegue o DESPIDO NULO e INDEMNIZACIÓN para o afiliado a CCOO INDUSTRIA OURENSE en GRI TOWERS GALICIA.

    A factoría de Eólicos GRI Towers Galicia coa súa planta sita en O Polígono da Uceira (O Carballiño) acaba de ser condeada por vulnerar o dereito á liberdade sindical dun dos seus traballadores afiliado a CCOO Industria Ourense, que fora despedido como represalia a súa vinculación coa sección sindical na empresa. 

    13/01/2022.
    GRI TOWERS GALICIA

    GRI TOWERS GALICIA

    A sentenza considera que o despido é nulo por quedar probado que é unha represalia ao traballador pola a súa afiliación ao sindicato e a súa pretensión de inclusión na candidatura por CCOO Industria para as vindeiras eleccións sindicais. Unha vez máis, a xustiza da a razón os delegados da Sección Sindical de CCOO víctimas de este forte acoso por parte da empresa. Ademáis de declarar nulo o despido deberá aboar ao afectado unha indemnización por danos e perxuizos máis os salarios de tramitación.

    Pola súa banda, CCOO Industria segue a denunciar que a sección sindical é obxeto de contínuas represalias por denunciar as graves irregularidades en materia de riscos laborais, polo incumprimento dos acordos acadados previamente coa empresa e asinados no Consello de RRLL de Galicia e pola negativa á empresa a calquera tipo de negociación. Estas actuacións da empresa obrigan a recurrir de maneira contínua a vía xudicial. Neste momento están pendentes varias causas entorno a esta represión sindical á que é sometida a sección sindical de este sindicato na empresa.