CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

Thenaisie Provoté segue viva e con futuro grazas ó bo traballo de CCOO e pese ós atrancos da CIG

  • Vilagarcía de Arousa, 21 de marzo de 2022

A conserveira do Grove, Thenaisie Provoté, segue viva e con futuro despois de un longo proceso no que CCOO loitou arreo por manter eses empregos na comarca e conseguir un futuro para as traballadoras do Grove. 

21/03/2022.
Asemblea durante o Conflicto na factoría Thenaisie Provoté

Asemblea durante o Conflicto na factoría Thenaisie Provoté

CCOO defendeu dende o principio a firma de Tomás Guillén co seu ambicioso proxecto para que este se convertese no novo propietario da compañía. A pesares de todos os atrancos que supuxo a CIG para que isto se levase a cabo, agora demóstrase que a CIG enganou á clase traballadora de toda a comarca e que o traballo e loita de CCOO para sacar adiante esta proposta era a correcta. 

Según avanza Miguel María, responsable de CCOO Industria de Vilagarcía de Arousa, conseguiuse que o proxecto tivese saída e que era a mellor opción para Thenaisie Provoté, isto demostra que a empresa segue viva e con futuro, ademáis, arranca a súa nova etapa con persoal subrogado facendo labores de acondicionamento como estaba previsto.

A medida que as liñas de producción se vaian abrindo, irase incorporando persoal da plantilla das antigas traballadoras, o que asegura o futuro para a industria e os veciños de O Grove. 

Nesta nova etapa, a compañía con sede en Murcia e actual propietaria, Maquinaria Conservera Tomás Guillén, aposta por acometer inversións de calado que converterán este proxecto nun referente do sector conserveiro. Actualmente estanse a acometer algunhas destas actuacións na nave de Thenaisie Provoté co obxetivo de iniciar a actividade en corto prazo sumando sinerxias coa que foi a compañía ribeirense IGM de Ignacio Gonzalez Montes. 

Tomás Guillén pretende incorporar á súa gama de productos a elaboración de sardiña, sardinilla, mexillón, berberecho e ameixa, o que sumará á súa gama de productos de conserva gourmet. 

CCOO de Industria denuncia que a CIG segue a ser un lastre para a clase traballadora da conserva na comarca e pídelle que deixen de entorpecer o futuro da conserveira grovense.

Documentación asociada
Documentación asociada