CCOO de Industria | 20 abril 2024.

Folga e manifestación das auxiliares da refinaría de Repsol na Coruña para esixir seguridade

    CCOO, UGT e CIG convocaron para este venres, 1 de abril, folga e manifestación para todo o persoal que traballa nas auxiliares e subcontratas da refinaría de Repsol na Coruña, na terminal de Oza e no porto exterior coruñés. Con esta acción queren esixir seguridade, tras o accidente ocorrido o pasado sábado que deixou gravemente feridos dous operarios da auxiliar Nervión, falecendo un deles o martes. 

    01/04/2022.
    Manifestación na Coruña para esixir medidas de seguridade na refinaría

    Manifestación na Coruña para esixir medidas de seguridade na refinaría

    Na manifestación participou unha representación da Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galicia —a secretaria de Organización, Leila Piñeiro, a secretaria de Emprego, Maica Bouza, e o vogal Juan Carlos López Corbacho—. Tamén participaron dirixentes doutras estruturas do sindicato, principalmente da Federación de Industria e da Unión Comarcal da Coruña.

    Antes de comezar a marcha houbo unha asemblea de traballadores e traballadoras ás portas da refinaría. Alí ratificáronse na decisión de partir en manifestación en memoria do compañeiro falecido e reiteraron as súas esixencias: que se reforcen as medidas de seguridade nas instalacións e que se coñezan as causas do fatídico sinistro.