CCOO de Industria | 20 abril 2024.

A Loita polo Convenio do Metal na Provincia da Coruña suma a milleiros de traballadoras e traballadores nunha manifestación multitudinaria e histórica na cidade da Coruña.

  • O 3º e 4º día de Folga do Metal na Provincia da Coruña volve a ser un gran éxito

Milleiros de traballadoras e traballadores participaron na manifestación provincial convocada na 3ª xornada de folga polo convenio do metal da provincia da Coruña. Numerosos traballadores achegáronse á cidade da Coruña dende o resto da provincia para reclamar un convenio do metal xusto, ademáis de numerosos traballadores en coches particulares, sumáronse un total de 11 autobuses ateigados de traballadoras e traballadores que procedía principalmente de Ferrol e Santiago.

19/05/2022.

URL | Código para insertar

Folga Metal A Coruña 18M e 19M

Folga Metal A Coruña 18M e 19M

A folga do metal volve a ser nesta 3ª e 4ª xornada todo un éxito. Os sindicatos mostran músculo e afianzan as súas reivindicacións máis ca nunca, Comisións Obreiras de Industria de Galicia ten claro que a loita é o único camiño para conseguir as xustas reivindicacións que se esixen dende a clase traballadora e poñerá todas as súas ferramentas para loitar polo convenio xusto que merecen as traballadoras e traballadores do metal.

As 3 centrais sindicais reuniranse nos próximos días para trazar as liñas a seguir.

Comisións Obreiras de Industria de Galicia asegura que as protestas irán a máis se a patronal non atende as reivindicacións, asegura que as traballadoras e traballadores están fartos de ver o seu salario e dereitos conxelados durante tantos anos e loitarán cada día máis para acadar as súas reivindicacións.

Entre outros puntos, o máis destacado que se está a reivindicar son o mantemento do poder adquisitivo e o dereito á subrogación.

Nesta nova atoparedes unha galería de imaxes e un vídeo dos acontecementos dos piquetes durante as xornadas da folga así como da gran manifestación provincial do mércores 18M.