CCOO de Industria | 19 abril 2024.

A Folga do Metal da Provincia da Coruña marca un día histórico en Carballo

  • Centos de traballadoras e traballadores participaron nos piquetes no polígono de Bértoa en Carballo.

A folga do metal volve a ser nesta 6ª xornada todo un éxito, ademáis de convertirse nunha xornada de loita histórica na zona industrial de Carballo. Durante o piquete produciuse algún momento de tensión debido á provocación de algún que outro "Empresario" que amosaban unha actitude chulesca, provocadora e máis propia de un neandertal que dunha persoa do século XXI. Estes "xefes" son xa sobradamente coñecidos polos traballadores do metal debido ás súa prácticas máis propias de explotadores que de empresarios respetables.

08/06/2022.

URL | Código para insertar

Folga Metal A Coruña 8-6-22

Folga Metal A Coruña 8-6-22

Milleiros de traballadores secundaron a folga na súa 6ª xornada, o piquete formouse a primeiras horas no polígono de Bértoa de Carballo, onde se foron pechando as fábricas e talleres do sector do metal por onde ía pasando o piquete. Despois o piquete de centos de traballadores do metal, desprazouse en manifestación en dirección ó Concello de Carballo onde recibía o apoio de tódolos cidadáns ó seu paso. 

As 3 centrais sindicais aseguran que as protestas irán a máis.

Foi imposible facer comprender á patronal da necesidade de que os nosos salarios véxanse revisados conforme ao IPC do 2021.Despois de tentalo durante toda a mañá de onte, esta patronal insiste en que non poden asumir unha actualización das táboas salariais do 2021 co IPC resultante (6,5%).A maiores, tampouco ve posible o incremento proposto pola parte social para o 2020 do 0,5%, empeorando así a revalorización dos salarios.

DEBEMOS ESIXIR QUE OS SALARIOS SEXAN REVALORIZADOSSe cedemos nas súas pretensións o primeiro ano no que a inflación se viu disparada. Que nos sucederá nos próximos anos?

NIN UN PASO ATRÁS , seguimos en folga, 7,8,9,28,29 e 30 de xuño. POLO DEREITO a MANTER E REVALORIZAR Os SALARIOS

Nesta nova atoparedes unha galería de imaxes e un vídeo dos acontecementos da primeira xornada de folga.