CCOO de Industria | 20 abril 2024.

O 7º día de Folga do Metal na Provincia da Coruña volve a ser un éxito

  • Milleiros de traballadoras e traballadores do sector secundaron a folga convocada polos 3 sindicatos.

Milleiros de traballadores participaron no piquete da folga, concentrándose no polígono de Cerceda nesta 3ª xornada consecutiva nesta semana. No que ven sendo xa o 7º día de Folga do Metal, os piquetes, as manifestacións e en consecuencia, a Folga do Metal vai a máis, os traballadores non van a parar, farán os días de folga que fagan falla para lograr un convenio que consideren digno.

09/06/2022.

URL | Código para insertar

Folga Metal A Coruña 9-6-22

Folga Metal A Coruña 9-6-22

A folga do metal volve a ser nesta 7ª xornada todo un éxito, o que indica que se intesificarán as protestas para os vindeiros días de folga de mañá e pasado.

As 3 centrais sindicais aseguran que as protestas irán a máis. 

Foi imposible facer comprender á patronal da necesidade de que os nosos salarios véxanse revisados conforme ao IPC do 2021.Despois de tentalo durante toda a mañá de onte, esta patronal insiste en que non poden asumir unha actualización das táboas salariais do 2021 co IPC resultante (6,5%).A maiores, tampouco ve posible o incremento proposto pola parte social para o 2020 do 0,5%, empeorando así a revalorización dos salarios.

DEBEMOS ESIXIR QUE OS SALARIOS SEXAN REVALORIZADOSSe cedemos nas súas pretensións o primeiro ano no que a inflación se viu disparada. Que nos sucederá nos próximos anos?

NIN UN PASO ATRÁS , seguimos en folga, 7,8,9,28,29 e 30 de xuño.  POLO DEREITO a MANTER E REVALORIZAR Os SALARIOS   

Nesta nova atoparedes unha galería de imaxes e un vídeo dos acontecementos da primeira xornada de folga.