CCOO de Industria | 20 abril 2024.

CCOO Celsa Atlantic A Laracha apoia o modelo industrial do Grupo Celsa e empraza aos acredores a adherirse aos acordos e a facilitar a entrada do financiamento público na compañía.

    As traballadoras e traballadores de Celsa Atlantic en Galicia, xunto cos demáis compañeiros das demáis plantas do estado, movilizáronse hoxe ante as distintas sedes de Deutsche Bank. Os comités de empresa das prantas de Celsa Group en Catalunya, Euskadi, Cantabria e Galicia únense á xornada convocada a nivel estatal ante a ruptura das negociacións cos fondos de investimento que sostén parte da débeda da compañía.

    10/06/2022.

    URL | Código para insertar

    Concentración Traballadores Celsa Group ante as sedes do Deutsche Bank

    Concentración Traballadores Celsa Group ante as sedes do Deutsche Bank

    A proposta dos fondos, é incompatible co financiamento público e co verdadeiro apoio á economía industrial, e á creación e mantemento de postos de traballo de calidade nos últimos anos. 

    CCOO Celsa Atlantic, tal e como recolle a nota publicada hai 2 días polos sindicatos UGT e CCOO a nivel estatal, valora a entrada de créditos públicos na empresa Celsa, a través do fondo de Axuda á Solvencia de Empresas Estratéxicas, como un feito fundamental para o mantemento do modelo industrial que impulsa a compañía e que garante a reinversión de recursos e a xeración e mantemento de emprego estable.

    Lembra que para o mantemento dos máis de 130 empregos directos na planta galega, así coma os 4.500 empregos directos que ofrece a compañía a nivel estatal, e dunha contorna de provedores de máis de 7.500 pemes, é necesario apostar por unha economía real e protexer á industria estratéxica española, como Celsa, de posicións financeiras e cortoplacistas. 

    Para CCOO Celsa Atlantic, os fondos acredores, nunca foron unha solución polo seu baixo perfil industrial, vivimos de preto a situación dramática á que foi levada AluIbérica e moitas outras compañías da zona. Agora vémonos obrigados a defendernos como traballadores dunha decisión que non se nos consultou e que a longo prazo está a carrexar moitos problemas para o devir da compañía. 

    Os fondos, están a mostrar o seu perfil real cunha proposta que pretende obter un rendemento do 80% anual. Esta proposta é incompatible co financiamento público e co verdadeiro apoio á economía industrial, e á creación e mantemento de postos de traballo. Ademáis pon en grave risco os proxectos existentes na actualidade que convertirían á planta galega nunha planta con un longo futuro e con capacidade nova xeración de emprego na comarca.

    Por este motivo, pide aos acredores que se adhiran aos acordos que xa foron subscritos polo resto dos grupos de interese da compañía e que non bloqueen a entrada de capital público co mantemento dunha posición baseada na procura dun rédito financeiro voraz e inxustificable.