CCOO de Industria | 16 abril 2024.

CCOO Industria Galicia xunto a centos de delegadas e delegados desplazarase ata Madrid o próximo 21J por un Pacto de Estado pola INDUSTRIA ¡XA!

  • O 21 de Xuño milleiros de traballadoras e traballadores da Industria de todo o estado manifestaranse dende a estación de Atocha ata o Congreso

ESTE PAÍS NECESITA INDUSTRIA PORQUE constrúe futuro, fai país. É a actividade que dá maior solidez á economía.Xera riqueza, emprego de calidade e benestar económico e social á cidadanía.En períodos expansivos fai que crezamos máis e en períodos de crises, fai que resistamos mellor. É un sector tractor de servizos e dinamizador de tecido empresarial.Só a través da reindustrialización da nosa economía xerarase a riqueza necesaria para garantir servizos públicos de calidade.

13/06/2022.

URL | Código para insertar

ESTE PAÍS PRECISA UN PACTO DE ESTADO POLA INDUSTRIA XA PORQUE...

A reconversión que xa están a atravesar os sectores industriais debe ser a través dunha transición xusta.

É imprescindible participar dunha industria dixital e sostible. Impulsar a implementación da Axenda 2030 como guía transformadora que nos permita avanzar cara ao liderado dixital e de neutralidade climática en España, activando para que ninguén quede atrás, os mecanismos de transición xusta. Garantía e seguridade do emprego, contratos xustos e decentes na transformación do sector. O futuro non vai de Robots, nin de máquinas, isto vai das persoas que imos utilizar as tecnoloxías.

A Lei de Industria actual é de 1992, cando a industria pesaba un 27% no PIB -agora rolda o 14%- e cando apenas usabamos o móbil ou internet. O anteproxecto da Lei de Industria actual, en caso de saír adiante, non entraría en vigor ata o 4º trimestre de 2023. O pacto debe ser garante da aplicación desa lei, ferramenta da súa Gobernanza e execución, ademais do instrumento que garanta o compromiso de todas as forzas políticas democráticas.

Debe harmonizar e coordinar adecuadamente o maior número de competencias, entidades e organismos relacionados coa industria e co conxunto dos sectores produtivos, con especial atención a unha política unificada e  interministerial de competitividade, coordinando de forma máis efectivas as competencias transferidas ás distintas Comunidades Autónomas, evitando, así,  indesexados efectos fronteira.

PERO... QUE PACTO DE ESTADO RECLAMAMOS? 

Elaborado dende a concertación social e cun compromiso político de Goberno e dos distintos Ministerios.

A actividade industrial e produtiva debe chegar ao 20% do PIB nacional, o que debe ser impulsado por tódalas forzas políticas e revisado no debate anual do Estado da Nación.

É necesario á súa vez un Pacto de Estado pola Enerxía que permita unha regulación previsible e estable e que integre todos os elementos da cadea de valor. Que preserve a competitividade, primando o desenvolvemento de novas tecnoloxías enerxéticas sostibles que impulsen a independencia enerxética española.

Os  PERTES deben definir e desenvolver programas de potenciación de sectores estratéxicos e esenciais. Débense realizar desde a participación de todos os axentes sociais e favorecer o acceso á industria das mulleres.

Ha de garantir a cohesión social e territorial. Son necesarias políticas que aposten polo desenvolvemento rural sostible, para que o sector agrario en España continúe sendo un sector competitivo, con condicións laborables dignas e que acompañe a repoboar a España baleirada.

Debe desenvolver e potenciar a totalidade da cadea de valor do actual sector do automóbil, acompañándoo na transformación cara a un amplo sector de mobilidade sostible, desenvolvendo ademais a  intermodalidade no transporte ferroviario, aéreo e marítimo.

É imprescindible definir canto antes un Plan de Dixitalización da Industria cun decidido apoio ao investimento. Débese desenvolver e implantar o Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación.

Debe potenciar fortemente a formación profesional e a súa relación con universidades e empresas. Hai que adaptar os sistemas formativos e os plans de estudo ás novas necesidades laborais, promovendo a formación dual e promovendo o acceso en igualdade de oportunidades ás cualificacións profesionais con alta proxección, cunha mirada integradora de xénero e de colectivos desfavorecidos.

Articular mecanismos de axudas económicas que eviten a desaparición o emprego industrial, ligado ao obxectivo e compromiso de transformación, buscando o mantemento dos persoais.

Fomentar modelos de negocio socialmente responsables, comprometidos coa protección do medio ambiente e a neutralidade climática, impulsando iniciativas de economía circular.

Debe eliminar trabas ao crecemento da PEME e favorecer a unión e colaboración destas.