CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

CCOO Industria Galicia contou coa presenza de Yolanda Díaz e de Joaquín Pérez nun debate sobre as Condicións Laborais nos Sectores de Conservas de Peixe e de Elaborados do Mar

  • Xornada sobre as Condicións Laborais nos Sectores de Conservas de Peixe e de Elaborados de Productos do Mar

A xornada de debate con traballadoras e delegadas destes sectores, realizouse este sábado 1 de outubro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. Contou coa participación de Yolanda Díaz, Vicepresidenta segunda e Ministra de Emprego, Joaquín Pérez, Secretario de Estado de Emprego, Mª Carmen Villaverde, Sec. Xeral CCOO Industria Pontevedra e Mª Pilar Campaña, integrante da mesa negociadora do convenio de conservas de peixe.

01/10/2022.

URL | Código para insertar

Xornada CCOO Industria Galicia sobre Condicións Laborais nos Sectores de Conservas de Peixe e de Elaborados de Productos do Mar.

Xornada CCOO Industria Galicia sobre Condicións Laborais nos Sectores de Conservas de Peixe e de Elaborados de Productos do Mar.

Durante a xornada, que se prolongou por case 2 horas, as traballadoras e traballadores dos sectores de conservas de peixe e de elaborados de productos do mar debateron sobre a situación precaria que se vive nestes sectores.

As traballadoras transmitiron a Yolanda Díaz e Joaquín Pérez as condicións e situacións laborais que afectan a este sector, un sector que se define perfectamente pola precariedade, a desigualdade salarial entre mulleres e homes, parte imprescindible pola que CCOO non firmou o convenio de Conservas de Peixe, a dureza das condicións laborais, a situación de negociación do convenio de Elaborados de Productos do Mar, o abuso da figura de fixo discontínuo neste sector, a proliferación das ETTs, e moitas outras que surxiron durante a xornada.

CCOO de Industria de Galicia impulsa e visibiliza a situación laboral destes sectores con unha xornada de debate moi importante para todas as persoas traballadoras destes sectores en Galicia.