CCOO de Industria | 19 abril 2024.

Conseguido un preacordo no Convenio de Elaborados do Mar cunha subida salarial do 17% durante a vixencia do mesmo

  • Desde CCOO valoramos positivamente os contidos do preacordo especialmente no que respecta a os incrementos salariais, máis aínda nun sector feminizado onde os salarios son baixos.

Este luns 7 de novembro a Comisión negociadora do Convenio Colectivo de Elaborados do Mar chegou a un preacordo tras máis de dez meses de negociacións. Este convenio terá unha vixencia de tres anos (2022-2024) e inclúe un incremento salarial dun 8% para 2022 con atrasos desde o 01 de xaneiro. Un 5% para 2023 e un 4% para 2024. En total unha subida en tres anos dun 17%. Ademais de incluír unha Cláusula ao IPC real ao final da vixencia no caso de que a inflación supere os incrementos pactados actualizando un 75% da diferenza o 01 de xaneiro de 2025.

08/11/2022.
Comisión negociadora del Convenio de Elaborados del Mar

Comisión negociadora del Convenio de Elaborados del Mar

Neste preacordo incluíuse un protocolo para a prevención e actuación en caso de acoso. A redución de xornada poderase ampliar a fillos e fillas menores de dezaseis anos que teñan un grao de dependencia igual ou superior ao 33% así como en caso de familiares dependentes. 

Os supostos de cirurxía ambulatoria onde á persoa non se lle curse a baixa analizarase unha solución da firma do preacordo ao acordo final. Ademais, auméntase o nivel salarial do Grupo II ao Grupo III ás funcións de control de almacén e calidade, así como as de tratamento e gelificado. As funcións do persoal de carretilla e o seu posible aumento de grupo analizaranse nunha comisión durante a vixencia.

O plus de serra pasa de 80 a 90€ ao mes para 2022. O resto de anos terá os incrementos segundo convenio. Pola súa banda, o plus refrixerado aumenta a 168€ en 2022, 180€ en 2023 e 192€ en 2024.

Este preacordo recolle a creación dunha comisión específica para analizar as enfermidades profesionais e un aumento das dietas por comida que estaban totalmente obsoletas, establecendo 14.5€ para a comida e a mesma cantidade para a cea.

A partir de agora realizaranse as correspondentes asembleas para fixar a posición definitiva e ratificar ou non o preacordo alcanzado. Con todo, desde CCOO valoramos positivamente os contidos do preacordo especialmente no que respecta a os incrementos salariais, máis aínda nun sector feminizado onde os salarios son baixos.