CCOO de Industria | 2 octubre 2023.

CCOO Industria de Galicia condena os ataques perpetrados na sede da Cámara Mineira de Galicia e esixe respecto e enfoque racional ás organizacións participantes en tal feito.

    CCOO Industria de Galicia queremos expresar a nosa condena e desconcerto ante as novas publicadas sobre a irrupción de varios individuos nas instalacións da Cámara Oficial Mineira de Galicia, en actitude agresiva e ameazadora, para tratar de amedrentar e acosar ás persoas traballadoras presentes nas instalacións. 

    11/09/2023.
    NdP CCOO Industria Galicia Altercados Cámara Mineira

    NdP CCOO Industria Galicia Altercados Cámara Mineira

    Pedimos as organizacións implicadas respecto e cordura. Non imos a admitir este tipo de actitudes violentas e denunciamos publicamente tales feitos. As distintas posturas ante una situación son lexitimas e abren o debate ante persoas racionais, pero non se pode consentir estes episodios. A violencia deslexitima os seus valedores e pecha a posibilidade de debate. CCOO solidarízase coas traballadoras e traballadores da Cámara Oficial Mineira de Galicia que non teñen que sufrir no desenvolvemento do seu traballo ningún tipo de acoso, ameazas e temer pola súa integridade física. Dito isto CCOO de Industria de Galicia ponse disposición das traballadoras e traballadores da Cámara Mineira para defender o seu dereito a traballar en condicións de seguridade. Para CCOO Industria o desenvolvemento mineiro en Galicia e necesario, máis nestes momentos en que a transición enerxética o demanda. Por suposto que os proxectos mineiros que se desenvolvan deberan cumprir normativas medioambientais estritas e ter a axeitada vixilancia da administración. Galicia é un territorio rico en minerais e metais que moitos países ansían para esta nova revolución industrial na que estamos inmersos, onde a transición enerxética, comunicación e mobilidade son os pilares do progreso nas próximas décadas. Non nos podemos permitir o luxo de deixar a necesidade extractiva aparcada sen un debate serio e rigoroso, con criterios científicos e técnicos e coa verdade por diante. En CCOO de Industria de Galicia defendemos a extracción destes recursos con todas as garantías mencionadas con anterioridade, cunha reposición do terreo e entorno unha vez rematada a extracción de igual o mellor condición ao comezo da mesma, e sobre todo, calquera concesión extractiva dos nosos recursos teñen que ir da man do desenvolvemento da cadea de valor no territorio que deixe aquí as plusvalías que xeraron En Galiza, temos algúns recordos de actuacións mineiras, de hai moitos anos, que deixan mal parada a imaxe do sector mineiro. Ese estigma ten que ser reconducido, pois na actualidade coas técnicas das explotacións recuperase o terreo e temos exemplos recentes como é a mina de As Pontes onde a paisaxe agora mesmo é incluso mellor do que era antes da explotación mineira. Por último dicir, que CCOO Industria de Galicia vai estar sempre do lado das traballadoras e traballadores, apoiando o desenvolvemento económico e industrial que precisamos todas as galegas e galegos para poder acadar cotas cada vez máis elevadas de desenvolvemento social.