CCOO de Industria | 13 junio 2025.

CCOO Industria Vigo denuncia ante Inspección de Traballo o Risco inminente de MORTES e DESMAIOS no SECTOR NAVAL polas ALTAS TEMPERATURAS

    CCOO Industria Vigo presentou a pasada semana unhadenuncia ante a ITSS polas condicións de traballo extremas quese están a vivir nos estaleiros e que supoñen un risco inminentee reiterado debido as altísimas temperaturas que se producencada verán.

    30/07/2024.

    Co cambio climático as olas de calor son xa a norma, isto provoca que cada verán as temperaturas se incrementen, poñendo en risco a saúde das miles de persoas traballadoras do sector naval.

    Os traballos en espazos confinados, en dobres fondos, ou os traballos a pleno sol, cargados con material, fundas, roupa ignífuga, mandil de soldadura, guantes, casco, pantalla facial, máscaras, etc, fan que as temperaturas corporais dos traballadores e traballadoras se disparen, supoñendo un risco para a saúde, en forma de caídas, desmaios ou golpes de calor que poden rematar inclusive coa morte.

    As direccións das empresas priorizan a produción e os seus beneficios a costa da saúde do conxunto da clase traballadora e continuan sen tomar medidas ante esta ameaza.

    CCOO urxe aos estaleiros vigueses a pór a saúde dos traballadores/as no centro, e como primeira medida implantar a xornada continua de 7:00 a 15:00 horas. O Sindicato demandou da ITSS que solicite ós estaleiros os protocolos de estrés térmico e que obriguen ás empresas a minimizar os riscos para a saúde dos traballadores.