CCOO de Industria | 19 noviembre 2025.

Sentenza histórica contra a fraude en Novafrigsa: o Supremo dános de novo a razón

  • Non se trata dunha casualidade: é o resultado dunha ofensiva sindical sostida, estratexicamente deseñada e liderada por CCOO.

Esta loita comezou en Galicia. Cando outros miraban cara outro lado, a Federación de Industria de CCOO de Galicia tomou a iniciativa: denunciou, organizou, mobilizou e levou aos tribunais un modelo de fraude masivo que negaba dereitos e explotaba a milleiros de traballadores e traballadoras no sector cárnico.

17/06/2025.
Comisión negociadora de CCOO tras la firma del preacuerdo

Comisión negociadora de CCOO tras la firma del preacuerdo

Recoñecemento da relación laboral real

O Tribunal Supremo vén de ditar unha nova sentenza de enorme transcendencia para o conxunto do sector cárnico. No caso da planta de Novafrigsa (Grupo Coren), o alto tribunal recoñece que máis de 300 persoas operaban como falsos autónomos a través de Servicarne, cando en realidade existía unha relación laboral directa coa empresa.

Unha sentenza que desmonta o entramado de fraude na contratación, de man de obra disfrazada de cooperativa e que se suma ás moitas outras que nos están dando a razón nos últimos anos. Non se trata dunha casualidade: é o resultado dunha ofensiva sindical sostida, estratexicamente deseñada e liderada por CCOO.

Galicia, punto de partida dunha loita estatal

Esta loita comezou en Galicia. Cando outros miraban cara outro lado, a Federación de Industria de CCOO de Galicia tomou a iniciativa: denunciou, organizou, mobilizou e levou aos tribunais un modelo de fraude masivo que negaba dereitos e explotaba a milleiros de traballadores e traballadoras no sector cárnico.

Coordinación e expansión da loita a nivel estatal

Desde aquí, a Federación Estatal de CCOO de Industria recolleu o traballo iniciado, dotouno de cobertura xurídica, organizativa e estratéxica, e conseguiu que esta loita se estendese a nivel estatal. Hoxe, grazas a ese esforzo coordinado, estanse gañando sentenzas favorables en empresas de todo o Estado: Embutidos Rodríguez, Grupo Sada, Vall's Company... e agora Novafrigsa.

Sindicalismo con estrutura e resultados

CCOO demostra que ten estrutura, que ten presenza nos centros de traballo e que sabe construír estratexias sólidas e efectivas. Outras organizacións, especialmente alguns sindicatos nacionalistas galegos, queren agora apuntarse a unha batalla que de non habela levado a nivel estatal non sería posible pelexar e gañar como está a suceder. Pero a realidade é tozuda: sen presenza, sen estrutura e sen acción sostida, non se gañan dereitos.

A vitoria do sindicalismo combativo

Esta é unha vitoria do sindicalismo serio, combativo e con capacidade real de transformación. Un sindicalismo que non vende fume. Un sindicalismo que non se conforma con denunciar, senón que actúa, organiza e gaña.

Que non che vendan a moto. Esta sentenza é froito do traballo de CCOO. Esta vitoria, como tantas outras, ten nome: Comisións Obreiras.