CCOO de Industria | 19 noviembre 2025.

CCOO Industria de Galicia pon en marcha un grupo de traballo para impulsar a aplicación dos coeficientes redutores en actividades que precisan especial protección.

    CCOO Industria Galicia reuniu hoxe ó grupo de traballo composto por nove persoas co obxectivo de elaborar un plan de acción centrado no novo Real Decreto que regula os coeficientes redutores da idade de xubilación. 

    27/06/2025.
    NdP Coeficicientes Reductores CCOO Industria Galicia

    NdP Coeficicientes Reductores CCOO Industria Galicia

    Este equipo encargarase de analizar e realizar informes técnicos, recompilar datos e estudar a realidade laboral de distintas actividades industriais que, pola súa dureza, penosidade ou perigo, requiren unha especial protección no marco deste decreto. Ademais, o grupo establecerá contactos e solicitará reunións coas administracións competentes para defender a aplicación destes coeficientes nas actividades de sectores onde o seu recoñecemento sexa necesario e xustificado. 

    O obxectivo: garantir unha especial protección cunha xubilación anticipada digna para quen desenvolve traballos especialmente esixentes. 

    Desde CCOO Industria Galicia reiteramos o noso compromiso coa saúde laboral, a xustiza social e a protección das traballadoras e traballadores que máis o necesitan.

    Documentación asociada
    Documentación asociada