CCOO de Industria | 19 noviembre 2025.

CCOO gaña as eleccións sindicais en CLUN e convértese na primeira forza sindical

  • As persoas traballadoras da cooperativa láctea de referencia en Galicia confía en CCOO, que suma 4 representantes fronte a 3 da CIG e 2 da UGT.

Este resultado chega nun momento clave para unha das principais cooperativas lácteas de Galicia, que vén de rexistrar un dos mellores exercicios da súa historia, con preto de 267 millóns de euros de facturación e unha crecente expansión internacional que xa alcanza máis de 65 países.

18/09/2025.
Imaxe de arquivo dun camión cisterna de Clun

Imaxe de arquivo dun camión cisterna de Clun

A celebración das eleccións sindicais en CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) reforza a presenza de CCOO como primeira forza sindical, ao obter 4 representantes, fronte aos 3 da CIG e 2 da UGT.

Este resultado chega nun momento clave para unha das principais cooperativas lácteas de Galicia, que vén de rexistrar un dos mellores exercicios da súa historia, con preto de 267 millóns de euros de facturación e unha crecente expansión internacional que xa alcanza máis de 65 países.

Desde CCOO Industria Galicia salientamos que este respaldo da plantilla significa máis forza para defender dereitos, mellorar condicións laborais e garantir que a riqueza xerada pola cooperativa repercuta tamén nas persoas traballadoras. O noso compromiso inmediato céntrase en avanzar en cuestións como a igualdade real, a conciliación, a seguridade e saúde laboral e o recoñecemento profesional de todas as categorías.

Seguiremos facendo sindicalismo combativo e útil, con transparencia e participación, porque só así aseguraremos que os beneficios da cooperativa non queden só nas cifras, senón que se traduzan en emprego estable, salarios xustos e melloras nas condicións de traballo.