CCOO de Industria | 7 diciembre 2025.

CCOO defende un convenio digno, xusto e igualitario para o sector da conserva

  • Na asemblea de delegados e delegadas celebrada en Vilagarc铆a, o sindicato reafirmou o seu compromiso coa igualdade salarial, a protecci贸n das v铆timas de violencia machista e a transparencia no uso da intelixencia artificial nas contrataci贸ns.

A negociación do Convenio Estatal da conserva entra nunha fase decisiva. CCOO mantén a súa postura firme: eliminar as desigualdades históricas, actualizar a clasificación profesional e garantir condicións laborais dignas e igualitarias para todas as persoas traballadoras do sector.

07/10/2025.
07/10/2025

07/10/2025

A asemblea de delegadxs de Conservas de Galicia, celebrada no Auditorio de Vilagarcía, serviu para facer balance do estado actual da negociación do convenio e reforzar a unidade sindical fronte á falta de avances por parte da patronal.

CCOO de Industria aposta por un novo sistema de clasificación profesional, que recoñeza os traballos de igual valor e poña fin á brecha salarial que afecta, sobre todo, ás mulleres dos postos de produción. O sistema vixente, herdado dos anos 80, perpetúa desigualdades estruturais e infravalora as tarefas máis feminizadas.

Durante a asemblea, denunciouse o intento da patronal de manter este modelo a través dun estudo encargado á consultora KPMG, que relega a maioría do persoal produtor aos grupos con menor puntuación e salarios máis baixos.CCOO non avalará un sistema que consolide a discriminación e presentou unha proposta alternativa, máis xusta e transparente, baseada en criterios obxectivos de responsabilidade, esforzo e cualificación.

Outro dos puntos destacados foi o compromiso coas mulleres vítimas de violencia machista, para quen o sindicato propón medidas que superen os mínimos legais. Entre elas, garantir o complemento íntegro do salario en caso de redución de xornada, sen renunciar a outros dereitos do convenio.“Non imos permitir un mercadeo cos dereitos das mulleres nin coas vítimas”, subliñaron as persoas representantes de CCOO.

Tamén se acordou reforzar o control sindical sobre o uso da intelixencia artificial nos procesos de selección e contratación. As empresas deberán informar ás representacións das persoas traballadoras e permitir informes contradictorios que eviten sesgos discriminatorios por razón de xénero, idade ou procedencia.

No ámbito da saúde laboral, CCOO propuxo un mecanismo para mellorar o control das mutuas, permitindo que os comités poidan emitir informes desfavorables e obrigar ao cambio de entidade en caso de reiteradas malas prácticas. A patronal, porén, bloqueou avances nesta materia e nas licenzas vinculadas ao benestar laboral.

A clasificación profesional segue a ser o punto central da negociación, e marcará o ritmo das vindeiras reunións técnicas e plenarias, previstas para o 17 e 28 de outubro, e o 13 de novembro. CCOO advirte que, se non hai avances reais nin vontade de cambio, valoraranse novas mobilizacións no sector.

Desde CCOO de Industria insístese:

“A igualdade e a dignidade non se negocian. O sector da conserva merece un convenio que recoñeza o valor real do seu traballo e garanta un futuro digno para quen o sostén cada día.”