CCOO de Industria | 7 diciembre 2025.

O persoal de Serveo, auxiliar de Alcoa, mantén as mobilizacións ante o bloqueo na negociación do convenio

  • CCOO denuncia que a empresa segue sen presentar unha oferta salarial acorde coa situación e advirte que, se continúa o bloqueo, as mobilizacións se intensificarán a partir da próxima semana.

As traballadoras e traballadores de Serveo, empresa auxiliar de Alcoa, continúan esta semana coas mobilizacións pola negociación do convenio colectivo. O principal punto de conflito é a subida salarial, e desde CCOO reclámase unha proposta digna que recoñeza o esforzo da plantilla.

15/10/2025.

URL | C�digo para insertar

Concentracións esta mañá, a entrada da fábrica.

Concentracións esta mañá, a entrada da fábrica.

O delegado de CCOO en Serveo, Iván, explicou que a negociación segue “distante en canto á subida salarial” e que a representación sindical está “á espera de que a empresa presente unha oferta acorde coa realidade”.

Mentres non haxa avances, a plantilla mantén un calendario de mobilizacións con manifestacións diarias de 6:00 a 9:00 da mañá e dúas horas de folga ao inicio de cada quenda.

Segundo destacou o representante de CCOO, “a unidade palpase e os ánimos e as ganas de loitar por un bo acordo son cada día maiores”. O sindicato subliña a importancia de manter a forza colectiva ante unha empresa que, polo de agora, non amosa vontade real de avanzar na negociación.

CCOO Industria Galicia apoia as accións do persoal e reclama á dirección de Serveo que atenda as demandas salariais e mellore as condicións laborais dun cadro de persoal esencial para o funcionamento de Alcoa San Cibrao.

Se a situación continúa bloqueada, o comité de empresa prevé endurecer as mobilizacións e prolongalas de xeito continuado durante as vindeiras semanas.