CCOO de Industria | 7 diciembre 2025.

CCOO Industria impulsa o Plan ActivaVerde para facilitar a reinserción laboral nas comarcas afectadas pola transición enerxética

  • O proxecto, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, ofrece apoio integral, orientación, formación á carta e recolocación ás persoas afectadas polo peche das centrais térmicas e da minería do carbón.

Dende CCOO Industria Galicia participamos activamente no desenvolvemento do Plan ActivaVerde, un proxecto pioneiro de reinserción laboral que busca dar novas oportunidades ás persoas traballadoras afectadas pola transición enerxética. Este plan, gratuíto e cofinanciado pola UE, combina orientación personalizada, formación especializada e apoio á recolocación en sectores emerxentes.

19/10/2025.
Xornadas de difusión Activa Verde

Xornadas de difusión Activa Verde

O Plan ActivaVerde é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais máis representativos, entre eles CCOO Industria Galicia, e enmarcada no Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021–2027. O seu obxectivo é mitigar o impacto económico e social derivado do peche da minería e das centrais térmicas de carbón, ofrecendo novas oportunidades laborais e profesionais ás persoas afectadas.

Este plan está deseñado especificamente para as persoas residentes nos 17 municipios da provincia da Coruña vinculados á transición enerxética: Cerceda, As Pontes, Meirama, Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas, Carral, A Laracha, Ordes e Tordoia. Poderán participar tanto persoas desempregadas coma empregadas que procedan de empresas afectadas, directa ou indirectamente, polo peche das centrais térmicas, incluíndo tamén aquelas vinculadas a Endesa ou empresas provedoras.

O proxecto ofrece un itinerario individualizado de inserción laboral, que comeza cunha diagnose da situación de cada participante e continúa con accións de orientación, formación e recolocación.Entre as principais actuacións inclúense:

Talleres informativos para dar a coñecer o plan e favorecer a participación.Orientación laboral personalizada e continua para mellorar a empregabilidade.Formación á carta e de carácter práctico, enfocada á recualificación profesional e ao desenvolvemento de novas competencias.Apoio na recolocación mediante intermediación laboral e seguimento individualizado.A formación, totalmente gratuíta e adaptada ás necesidades de cada persoa, incluirá módulos en competencias clave e transversais, así como programas en tecnoloxías verdes, eficiencia enerxética, dixitalización, sectores emerxentes e medio ambiente. Ademais, a través da escola de emprendedores, ofrecerase formación específica para quen desexe iniciar un proxecto de autoemprego.

Desde CCOO Industria Galicia apostamos por acompañar ás persoas traballadoras neste proceso de transformación, defendendo que a transición enerxética debe ser xusta, con oportunidades reais e emprego de calidade.

👉 Se queres máis información ou participar no Plan ActivaVerde, contacta con CCOO Industria Galicia.

Documentación asociada
Documentación asociada