CCOO de Industria | 11 septiembre 2026.

CCOO de Industria de Galicia

D贸nde estamos

C/ María, 42, 3ª planta / 15402 Ferrol
Teléfono: 981 36 93 23

galicia@industria.ccoo.es

www.industria.ccoo.es/Galicia


07/09/2026 | CCOO Industria Galicia
Instalaci贸ns de Marfr铆o no porto de Mar铆n.
  • O comit茅 convoca paros o 23 e o 30 de setembro e o 5 de outubro ante o bloqueo do convenio propio e a pretensi贸n da empresa de deixar os complementos f贸ra dos incrementos

A plantilla de Marfrío, en Marín, iniciará un calendario de paros parciais para desbloquear a negociación do seu convenio colectivo. Tras oito reunións, a mesa rompeu o pasado 29 de xuño pola negativa da empresa a aplicar as subas salariais a todos os conceptos retributivos. A proposta empresarial deixaría sen actualizar, entre outros, os complementos persoais que perciben 105 das 180 persoas que integran a plantilla.

03/07/2026 | CCOO Industria Galicia
Concentracion do dia de onte
  • O comit茅 de empresa rexeita unha proposta da direcci贸n que deixa sen resolver cuesti贸ns clave sobre salarios, categor铆as profesionais e condici贸ns laborais no centro eMARC

A folga indefinida en BorgWarner continúa este venres, 3 de xullo, tras unha longa xornada de mediación no AGA que rematou sen acordo.

02/07/2026 | CCOO Industria Galicia
Carteis da campa帽a de CCOO contra servicarne
  • A sentenza estima os recursos presentados por CCOO, pola Tesourar铆a Xeral da Seguridade Social e polas persoas traballadoras, anula o fallo do TSXG e confirma integramente a resoluci贸n do Xulgado do Social n潞 2 de Vigo, culminando unha loita sindical iniciada en Frigolouro que acabou destapando a fraude das falsas cooperativas en todo o Estado.

O Tribunal Supremo puxo punto final a unha  batalla xudicial de varios anos contra a fraude laboral no sector cárnico. A Sala do Social estimou os recursos de casación presentados por CCOO Industria, pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e polas persoas traballadoras, anulando a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e confirmando integramente a resolución do Xulgado do Social nº 2 de Vigo, que declarara a existencia dunha relación laboral entre Frigolouro e as persoas cooperativistas de Servicarne.

29/06/2026 | CCOO Industria Galicia
Asamblea realizada esta tarde en Ferrol
  • A postura inflexible de CCOO Industria blinda a sa煤de laboral e arrinca un incremento salarial do 15% en catro anos ante unha patronal que pretend铆a o bloqueo

O sector siderometalúrxico da provincia da Coruña pecha un ciclo histórico de mobilización coa cabeza moi alta. As asembleas de CCOO Industria celebradas esta tarde-noite ratificaron por unanimidade o preacordo alcanzado na mesa de mediación do AGA. Ao terse referendado de xeito unánime polo noso activo sindical o texto con todas as melloras conquistadas, CCOO desconvoca oficialmente as xornadas de folga que estaban previstas para os días 30 de xuño e 2 de xullo. Esta vitoria inapelable demostra que cando o sindicalismo de clase escoita as súas bases, non se dobra ante a soberbia patronal e mantén a firmeza, a clase traballadora conquista o futuro. 

17/06/2026 | CCOO Industria Galicia
Convenio elaborados de productos do mar

A comisión negociadora do Convenio Colectivo Estatal de Elaborados de Produtos do Mar reuniuse no día de hoxe e procedeu á sinatura definitiva do novo marco regulador , tras integrar de maneira íntegra e literal os contidos do preacordo alcanzado o pasado 10 de marzo. 

30/05/2026 | CCOO Industria Galicia
Traballadores de Scania durante as movilizacions

A loita obreira paga a pena. Os traballadores do taller de Scania en Ponteareas veñen de darnos a todas e todos unha lección maxistral de loita, dignidade e compromiso obreiro. Tras máis dun mes sostendo un pulso na rúa con xornadas de folga, o cadro de persoal logrou acadar un acordo coa empresa. Este acordo garante o mantemento e a estabilidade do emprego, solucionando unha parte importante da problemática coa dirección do centro de traballo.

29/05/2026 | CCOO Industria Galicia
Persoas durante as manifestacions no metal da Coru帽a

A presión e a forza demostrada polas persoas traballadoras nas tres xornadas de folga conseguen rachar o bloqueo. A parte empresarial sentou por primeira vez a debater puntos concretos do convenio, aínda que as propostas seguen a ser insuficientes. Se non hai avances reais, os días 9, 10 e 11 de xuño volveremos paralizar as fábricas.

28/05/2026 | CCOO Industria Galicia
28/05/2026
  • A representaci贸n empresarial prop贸n soldos base inferiores ao SMI para encubrir a conxelaci贸n real das n贸minas. O sindicato frea o intento de suspender a negociaci贸n e leva o conflito ao Acordo Interprofesional Galego para defender a dignidade das persoas traballadoras do sector.

A mesa negociadora do Convenio de Confiterías da provincia da Coruña afronta un momento crítico. Despois de case dúas décadas co convenio conxelado, a representación empresarial presentou unha oferta salarial que dende CCOO Industria cualificamos de inaceptable e chea de trampas, o que abocou o conflito a un proceso de mediación.

18/05/2026 | CCOO Industria Galicia
18/05/26

Tras unha intensa xornada de asembleas nas distintas comarcas, as bases de CCOO Industria Galicia decidiron apoiar maioritariamente o texto acadado coa patronal. Cumprindo co mandato da clase traballadora, o sindicato procederá á sinatura do convenio.

15/05/2026 | CCOO Industria Galicia
15/05/2026

Tras tres intensas xornadas de paros masivos, a representación empresarial viuse forzada a ceder. CCOO e UGT asinan un principio de acordo que garante un 15% de suba salarial, melloras clave no naval e redución de xornada. O texto someterase agora á validación das asembleas.