CCOO de Industria | 15 mayo 2026.

15/05/2026 | CCOO Industria Galicia
15/05/2026

Tras tres intensas xornadas de paros masivos, a representación empresarial viuse forzada a ceder. CCOO e UGT asinan un principio de acordo que garante un 15% de suba salarial, melloras clave no naval e redución de xornada. O texto someterase agora á validación das asembleas.

11/05/2026 | CCOO Industria Galicia
11/05/2026
  • A planta galega 茅 a terceira m谩is afectada do Estado en n煤meros absolutos e a primeira en porcentaxe de cadro de persoal.

A planta galega é a terceira máis afectada do Estado en números absolutos e a primeira en porcentaxe de cadro de persoal. O comité de empresa alerta do enorme impacto social e convoca unha manifestación este sábado 16 de maio para defender o emprego e o sector lácteo galego.

05/05/2026 | CCOO Industria Galicia
Folga no metal de Pontevedra
  • A representaci贸n empresarial mant茅n a s煤a postura de recortes no derradeiro intento de preacordo, abocando ao conflito 谩s 3.500 empresas do sector.

A vía do diálogo esgotouse ante a intransixencia da patronal, que nos empuxa á rúa. Tras un último intento de negociación celebrado o luns 4 de maio, a patronal do Metal de Pontevedra decidiu manterse inamovible na súa posición de bloqueo, chantaxe e recortes. Ante a negativa a chegar a un acordo xusto, CCOO Industria chama á paralización total do sector os vindeiros días 7, 13 e 14 de maio.

29/04/2026 | CCOO Industria Galicia
29/04/26
  • A representaci贸n empresarial condicionou un preacordo insuficiente 谩 s煤a sinatura inmediata, ignorando as demandas de sa煤de laboral e as melloras salariais m铆nimas.

A undécima reunión do convenio do metal de Pontevedra rematou de xeito abrupto. Ante a estratexia de chantaxe da patronal, que presentou unha proposta de "tomalo ou deixalo" sen marxe de mellora nin diálogo, a delegación de CCOO Industria optou por levantarse da mesa de negociación para protexer os dereitos e a dignidade das persoas traballadoras do sector.

25/04/2026 | CCOO Industria Galicia
25/04/26
  • A asemblea de delegadas e delegados acorda o fin inmediato das horas extras e esixe unha suba salarial do 16% e xornada continua de ver谩n para dignificar o sector.

Tras meses de inmobilismo patronal na negociación do convenio provincial, a representación sindical de CCOO Industria Galicia marca un punto de inflexión. A asemblea de delegadas e delegados definiu este xoves os obxectivos mínimos irrenunciables para garantir a dignidade laboral no metal de Pontevedra, advertindo de que a paz social depende agora de que a patronal abandone o bloqueo e asuma melloras reais en salarios e dereitos.

23/04/2026 | CCOO Industria Galicia
23/04/26

A representación empresarial presenta unha "oferta final" inasumible que recorta dereitos en permisos médicos e dálle as costas á saúde laboral. Ante esta chantaxe, o sindicato chama á mobilización de todas as delegadas e delegados este venres 24 de abril en Vigo.

20/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Persoas traballadoras de Scania durante a folga de hoxe
  • O cadro de persoal do taller volveu paralizar a actividade os d铆as 17 e 20 de abril ante a negativa da empresa a achegar soluci贸ns. Este venres, a loita trasl谩dase 谩 r煤a cunha marcha pola N-120 para esixir o fin dos abusos e a dimisi贸n da xerencia.

A firmeza e a dignidade do cadro de persoal de Scania Ponteareas son inquebrantables. O pasado venres 17 e este luns 20 de abril, a totalidade do taller volveu secundar de forma unánime as xornadas de folga convocadas. Tras tres días de paros (13, 17 e 20 de abril), a mensaxe das traballadoras e traballadores é clara: están dispostos a levar este conflito ata as últimas consecuencias ante unha situación que se volveu completamente insostible.

16/04/2026 | CCOO Industria Galicia
CCOO Industria Galicia

Aínda que a representación empresarial move ficha con melloras económicas e unha lixeira redución de xornada, a proposta segue ignorando liñas vermellas fundamentais para a clase traballadora, como a subrogación real ou a xornada intensiva no naval.

13/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Traballadores da Scania durante o corte da N-120 este Luns

O cadro de persoal do taller paraliza a actividade e corta a N-120 para esixir á multinacional o fin das sancións inxustificadas e un cambio radical na actitude da xerencia. As mobilizacións continuarán os días 17, 20 e 24 de abril.

08/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Traballadores do metal
  • A representaci贸n empresarial retirou de forma unilateral acordos previamente acadados na oitava xuntanza da mesa negociadora, presentando unha oferta posterior que segue lonxe das necesidades da clase traballadora.

O proceso de negociación do Convenio do Metal de Pontevedra atravesa un momento decisivo. Na xuntanza número oito, celebrada o pasado 7 de abril, a patronal tivo unha actitude inaceptable ao comezar o encontro retirando cuestións nas que xa se acadaran acordos na reunión anterior. Desde CCOO Industria de Galicia consideramos esta manobra absolutamente inadmisible e advertimos de que as posturas seguen moi afastadas, polo que chamamos á afiliación e aos nosos delegados e delegadas a tomar decisións na asemblea do vindeiro 10 de abril.

25/03/2026 | CCOO Industria Galicia
25/03/26
  • CCOO valora os primeiros avances na septima xuntanza, pero advirte que 茅 o momento de redistribu铆r a riqueza e dignificar, dunha vez por todas, as condici贸ns laborais das persoas traballadoras.

O pasado 24 de marzo celebrouse a sexta xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio do Metal de Pontevedra. Por primeira vez, a representación empresarial presentou unha proposta con certo alcance. Non obstante, desde CCOO seguimos constatando que a patronal non está a asumir a verdadeira importancia deste proceso negociador.

12/03/2026 | CCOO Industria de Galicia
Convenio Metal de Pontevedra

Despois da 6ª xuntanza da mesa negociadora, a actitude da patronal segue a ser inmobilista e "pasota" ante calquera mellora que supoña un custo económico. Dende CCOO Industria de Galicia temos claro que un sector cunha carga de traballo tan brutal e unha alta especialización necesita, dunha vez por todas, un convenio sectorial de referencia que garanta unhas condicións laborais dignas.

05/12/2025
Panta do Porri帽o, onde prestan o servicio os traballadores e traballadoras de mantemento

Este pasado xoves 4 de decembro, tras máis dun ano de negociación coa empresa, os delegados de persoal de SUMICOR, empresa que presta os servizos de mantemento en Frigolouro, do grupo Coren; acadaron un acordo coa empresa na mediación AGA.

27/06/2025
NdP Coeficicientes Reductores CCOO Industria Galicia

CCOO Industria Galicia reuniu hoxe ó grupo de traballo composto por nove persoas co obxectivo de elaborar un plan de acción centrado no novo Real Decreto que regula os coeficientes redutores da idade de xubilación. 

25/06/2025
Consello Industria Galicia 25-6-25
  • CCOO Industria Galicia celebrou hoxe en Ferrol o seu primeiro Consello Federal tras o 13.潞 Congreso Confederal, coa participaci贸n de 41 delegadas e delegados que representan ao conxunto da organizaci贸n na nosa comunidade.

O encontro marca o inicio dunha etapa de traballo intenso para afrontar os retos industriais e laborais que ten por diante a clase traballadora galega. Entre as persoas convidadas asistiron, desde a Federación Estatal, o Secretario Xeral, Francisco San José e Satur Lagar, responsable de Organización de CCOO Industria Estatal.