CCOO de Industria | 3 julio 2024.

02/07/2024
Asemblea Convenio Textil

Delegadas e delegados do sector textil analizan o estancamento no que se atopa o convenio colectivo do sector textil.

26/06/2024
Folga COASA
  • Máis de 100 traballadoras e traballadores participaron onte na manifestación que recorreu as rúas de Ourense para reclamar melloras no seu Convenio Colectivo

CCOO de Industria de Ourense informa que as posturas encóntranse moi distantes porque a Empresa négase a consolidar os incrementos salariais e todo apunta a que seguirán as xornadas de folga.

19/04/2024
Sostenibilidad
  • CCOO Industria Galicia e UGT Fica

CCOO Industria Galicia e UGT Fica solicítanlle á Xunta de Galicia que convoque os interlocutores sociais, económicos e académicos para redactar e asinar un PACTO GALEGO POLA INDUSTRIA para unha Industrialización de Galicia xeradora de postos de traballo de calidade e en cantidade e compatible co medio ambiente.

25/03/2024
Consello Extraordinario Federal de Galicia

CCOO Industria Galicia reuniu no día de hoxe con carácter Extraordinario ó Consello Federal de Galicia, o seu maior órgano de dirección nos locais da Unión Comarcal da Coruña para tratar a Situación de CCOO de Industria de Galicia e reorganizarse para afrontar o futuro con máis forza e ser a mellor defensa para a clase obreira galega.

23/02/2024
10M Ferrol 2024
  • Ferrol, a 20 de febreiro 2024

Como todos e todas sabedes o próximo 10 de Marzo celébrase o “DÍA DÁ CLASE OBREIRA GALEGA”. A pesar de que este día é domingo, desde a CCOO Industria-Galicia queremos convidarvos a participar na manifestación que sairá de Navantia ata o monumento do 10 de Marzo ás 12,30 da mañá. Informarvos, tamén que, previamente, ás 11,00 h terá lugar a ofrenda floral institucional por parte do Concello de Ferrol.

22/09/2023
Expropiación forzosa Pizarreras Simanca e Irosa
  • O conflito deixa no aire 250 postos de traballo na comarca de Valdeorras

A expropiación forzosa por parte da Xunta nace da denuncia efectuada polos comuneiros que reclamaban que dende a falta de acordo, non se pagaba cantidade algunha dende 2015 por parte das pizarreiras.

15.09.2023

CONVENIO COLECTIVO INDUSTRIA SIDEROMETALÚRGICA Y DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS

Ver documento

27/06/2023
  • J.C. López Corbacho sae elixido por unanimidade no Congreso Extraordinario celebrado o pasado venres 23 de xuño

CCOO Industria Galicia anuncia en rolda de prensa que Juan Carlos López Corbacho toma o relevo de Víctor Ledo como novo Secretario Xeral de CCOO Industria Galicia

08/06/2023
  • CCOO de Industria – Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a Laboral no marco do proxecto FEAG no sector do aluminio na comunidade autónoma de Galicia.

Este é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (FSE) e co apoio dos interlocutores sociais mais representativos do sector do aluminio e o cofinanciamento do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas.

18/11/2022
  • Xornadas de movilizacións a partir de decembro

Durante a asemblea de delegadas e delegados das Estacións de Servicio mantida en Santiago, levaranse as reivindicacións á plataforma de negociación do convenio para reinvindicar un salario digno.

18/10/2022
Asemblea Pre-acordo Convenio Metal Ourense 2022-24
  • Un fito histórico o que acadaron as traballadoras e traballadores do Metal de Ourense, despois de 16 días de folga, 14 deles de carácter indefinido.

CCOO Industria Ourense foi clave para esta loita obreira, agradece e recoñece o esforzo de tódalas persoas traballadoras do metal de Ourense, e declara que esta loita obreira que percourreu as rúas e polígonos de Ourense sen dúbida marcou un antes e un despois, agradece tamén o apoio de tódalas delegadas e delegados de CCOO de Ourense e o apoio de CCOO Industria Galicia.

11/10/2022
  • CCOO Industria califica de fito histórico a Gran Manifestación multitudinaria que xuntou a milleiros de traballadoras e traballadores do metal de Ourense.

A FOLGA INDEFINIDA colle máis forza aínda se cabe cunha manifestación multitudinaria que berra alto e claro que se non se acada un acordo para un convenio xusto no Metal de Ourense, a loita seguerá con máis forza ca nunca.

05/10/2022
Arranca a Folga Indefinida no Metal de Ourense.
  • As 3 centrais sindicais califican de éxito rotundo o comezo da Folga Indefinida. As traballadoras e traballadores do metal de Ourense pararon todo e arrancan a Folga Indefinida cunha gran fortaleza e respaldo de todas as traballadoras e traballadores do metal.

Os sindicatos CCOO, CIG e UGT, despois da reunión coa CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) no día de onte, siguen adiante coa FOLGA INDEFINIDA despois de fracasar as negociacións novamente.

29/09/2022
  • As traballadoras e traballadores do metal de Ourense pararon todo o sector para desbloquear a negociación do convenio.

As 3 centrais sindicais califican de éxito rotundo a folga. As traballadoras e traballadores do metal de Ourense pararon todo e centos deles percorreron as rúas de Ourense en manifestación.

21/09/2022
Folga Metal Ourense
  • CCOO, CIG e UGT convocan folga no sector do metal en Ourense polo bloqueo na negociación do convenio.

CCOO, CIG e UGT convocan folga no sector do metal en Ourense. A convocatoria ven motivada polo bloqueo na negociación do convenio. Despois da asemblea de traballadores do metal de Ourense celebrada no día de onte, martes 20 de setembro, onde a participación foi abrumadora, decidiuse por unanimidade convocar 2 días de folga a finais de setembro e con carácter de folga indefinida a partir de outubro.