CCOO de Industria | 22 abril 2026.

CCOO de Industria de Galicia

D贸nde estamos

C/ María, 42, 3ª planta / 15402 Ferrol
Teléfono: 981 36 93 23

galicia@industria.ccoo.es

www.industria.ccoo.es/Galicia


20/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Persoas traballadoras de Scania durante a folga de hoxe
  • O cadro de persoal do taller volveu paralizar a actividade os d铆as 17 e 20 de abril ante a negativa da empresa a achegar soluci贸ns. Este venres, a loita trasl谩dase 谩 r煤a cunha marcha pola N-120 para esixir o fin dos abusos e a dimisi贸n da xerencia.

A firmeza e a dignidade do cadro de persoal de Scania Ponteareas son inquebrantables. O pasado venres 17 e este luns 20 de abril, a totalidade do taller volveu secundar de forma unánime as xornadas de folga convocadas. Tras tres días de paros (13, 17 e 20 de abril), a mensaxe das traballadoras e traballadores é clara: están dispostos a levar este conflito ata as últimas consecuencias ante unha situación que se volveu completamente insostible.

16/04/2026 | CCOO Industria Galicia
CCOO Industria Galicia

Aínda que a representación empresarial move ficha con melloras económicas e unha lixeira redución de xornada, a proposta segue ignorando liñas vermellas fundamentais para a clase traballadora, como a subrogación real ou a xornada intensiva no naval.

15/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Traballadores de confiterias

A Coruña, 15 de abril de 2026 — A federación de Industria de CCOO de Galicia continúa dando pasos firmes na recuperación dos dereitos para as persoas traballadoras do sector das confiterías na provincia da Coruña. Tras a xuntanza mantida no día de onte, a negociación entra nunha fase decisiva ao pechar practicamente o bloque social e prepararse para o debate económico.

13/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Traballadores da Scania durante o corte da N-120 este Luns

O cadro de persoal do taller paraliza a actividade e corta a N-120 para esixir á multinacional o fin das sancións inxustificadas e un cambio radical na actitude da xerencia. As mobilizacións continuarán os días 17, 20 e 24 de abril.

08/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Traballadores do metal
  • A representaci贸n empresarial retirou de forma unilateral acordos previamente acadados na oitava xuntanza da mesa negociadora, presentando unha oferta posterior que segue lonxe das necesidades da clase traballadora.

O proceso de negociación do Convenio do Metal de Pontevedra atravesa un momento decisivo. Na xuntanza número oito, celebrada o pasado 7 de abril, a patronal tivo unha actitude inaceptable ao comezar o encontro retirando cuestións nas que xa se acadaran acordos na reunión anterior. Desde CCOO Industria de Galicia consideramos esta manobra absolutamente inadmisible e advertimos de que as posturas seguen moi afastadas, polo que chamamos á afiliación e aos nosos delegados e delegadas a tomar decisións na asemblea do vindeiro 10 de abril.

01/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Convenio Confiterias A Coru帽a

A federación de Industria de CCOO de Galicia logrou que a patronal se constitúa e se sente a negociar un convenio que permanecía conxelado desde 2007. O obxectivo: recuperar o 30% de poder adquisitivo perdido e dignificar as condicións dun sector estratéxico.

25/03/2026 | CCOO Industria Galicia
25/03/26
  • CCOO valora os primeiros avances na septima xuntanza, pero advirte que 茅 o momento de redistribu铆r a riqueza e dignificar, dunha vez por todas, as condici贸ns laborais das persoas traballadoras.

O pasado 24 de marzo celebrouse a sexta xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio do Metal de Pontevedra. Por primeira vez, a representación empresarial presentou unha proposta con certo alcance. Non obstante, desde CCOO seguimos constatando que a patronal non está a asumir a verdadeira importancia deste proceso negociador.

25/03/2026 | CCOO Industria Galicia
25/03/26
  • Tras horas de intensas negociaci贸ns, ratificamos un acordo que garante o poder adquisitivo, crea unha clasificaci贸n profesional xusta e incorpora novos dereitos sociais e protocolos pioneiros. Nin un s贸 paso atr谩s!

No día de onte, 24 de marzo de 2026, tras máis de 6 horas de reunión e de intensos debates no seo da comisión negociadora do convenio de conservas de peixe, acadouse a ratificación do acordo do SIMA do 2 de febreiro. O paso máis importante da xornada foi pechar a definición definitiva da nova clasificación profesional por niveis , así como a transferencia do acordo do SIMA á redacción do novo convenio colectivo.

12/03/2026 | CCOO Industria de Galicia
Convenio Metal de Pontevedra

Despois da 6ª xuntanza da mesa negociadora, a actitude da patronal segue a ser inmobilista e "pasota" ante calquera mellora que supoña un custo económico. Dende CCOO Industria de Galicia temos claro que un sector cunha carga de traballo tan brutal e unha alta especialización necesita, dunha vez por todas, un convenio sectorial de referencia que garanta unhas condicións laborais dignas.

11/03/2026 | CCOO Industria Galicia
Elaborados de productos do mar
  • O texto garante incrementos retributivos contundentes para o per铆odo 2025-2029, a reduci贸n de 8 horas na xornada laboral e a inclusi贸n de protocolos de diversidade LGTBI e contra o acoso sexual ou por raz贸n de sexo.

No día de onte, 10 de marzo de 2026, a comisión negociadora do convenio colectivo estatal de elaborados de produtos do mar acadou un preacordo moi positivo para as persoas traballadoras do sector. Dende CCOO de Industria valoramos este avance que só mellora dereitos, sen ningún tipo de retroceso nin concesión patronal, garantindo importantes subidas salariais para quen co seu esforzo sostén esta industria estratéxica.